NOTA DE PRENSA (FNC)
O BNG OPÚXOSE AOS ORZAMENTOS DE 2009 PORQUE ESTÁN INFLADOS. OS NACIONALISTAS DIN QUE DESTINAN MÁIS DO 50% A GASTOS DE PERSOAL POR PRIMEIRA VEZ, QUE CARECEN DUN ESTUDIO ECONÓMICO-FINANCIEIRO DA ALCALDÍA E QUE CONTAN CUN INFORME DESFAVORABLE DE INTERVENCIÓN.
Barreiros, 28 de abril de 2009. O BNG votou en contra, ao igual que o resto dos grupos da oposición, da aprobación inicial dos orzamentos de Barreiros para este 2009 que ascenden a 2.920.000 euros. O voceiro nacionalista, Antonio Veiga, dixo que “estes presupostos son os primeiros en vinte anos que se presentan no primeiro semestre do ano no Concello de Barreiros o cal é noticia despois de estar mallando durante moitos anos sobre esta ilegalidade e irregularidade. Por fin o Concello decidíuse a presentalos no primeiro semestre do 2009, ainda que o lóxico sería telo feito a 31 de decembro de 2008 como marca a lexislación. Esto é un avance a respecto do que se viña facendo ata o de agora”.
Este ano os orzamentos ascenden a 2.920.000 euros fronte aos 3.400.000 presupostados no 2008. O grupo municipal do BNG destaca que “por primeira vez o capítulo destiñado a gastos de persoal supera xa o 53%, que veñen sendo 1.559.000 euros. Non entendemos moi ben como si baixou o orzamento nuns 500.000 euros en parte debido á diminución polo imposto de construcción, instalacións e obras… se baixaron tamén haberá inversións menores e un traballo menor, e sen embargo se dispara o persoal no Concello que pasa xa dos 100 traballadores, contando os que se usan durante a época estival, limpeza de praias, socorrismo… igual chegamos aos 110 traballadores e nunha época difícil coma esta todos os recursos hai que optimizalos o máximo posible”.
Resultados negativos
Veiga Outeiro sinalou que “analizando a liquidación do ano anterior (2008), ésta ten un resultado presupostario negativo de menos 564.000 euros e si a esto lle engadimos facturas pendentes de recoñecemento e de xestionalas podemos chegar a un resultado negativo de menos de 800.000 euros, ousexa que se está a presupostar sen rigor e sen criterio tanto no capítulo de ingresos coma no de gastos. Si o 2008 ten un resultado negativo de 800.000 é que eses 3.400.000 euros previstos como ingresos non foron tal, só foron 2.600.000 euros e si se previron máis cartos dos que se ían recaudar é que tamén hai uns gastos inflados obviamente e entón algo aquí non cadra. E é curioso que non cadren no 2008 as contas cando foi o ano en que eses presupostos se fixeron rematado o exercizo, porque se aprobaron en novembro ou decembro”.
Os nacionalistas lembraron que “os orzamentos deste ano teñen en contra un informe desfavorable de intervención ao igual que ano pasado por moitas das irregularidades que nós xa vimos apuntando en todos estes anos, e unha que é importante e que é algo que nunca se nos entregou nestes anos e segue sen entregarse, é un informe económico financiero feito polo presidente da entidade, neste caso polo alcalde, informe que é condición sine qua non para poderen aprobarse esas contas. Nese informe a alcaldía ten que explicar cales foron os métodos seguidos para avaliar os gastos e os ingresos e sen eso é imposible porque probablemente esteñamos diante doutro orzamento inflado. Ímolo ver na liquidación o ano que ven e entón sería grave que houbera outros 800.000 euros de resultado negativo que sumados aos 800.000 deste ano farían 1.600.000 euros ou preto de dous millóns, ousexa teríamos en dous anos un resultado ficticio equivalente a un presuposto enteiro. Esta é unha cuestión que nos preocupa bastante no BNG”.
Convenio da auga
Antonio Veiga explicou que “outro motivo polo que non lle podemos dar o noso apoio a estes orzamentos é porque o PP segue a ter unha débeda moi importante con todos os barreirenses. Nós contábamos que nos orzamentos deste 2009 estivera por fin esa partida de 3.600.000 euros que é o valor do convenio da auga suscrito cos constructores e a estas alturas só temos en caixa 1.200.000 euros que non chega nin para facer a primeira fase, en palabras do alcalde en contestación a preguntas nosas, xa que o redactor lle dixo que podía facer unha primeira fase con millón e medio de euros, pero ainda non temos eses cartos. Tamén preguntamos porque non se efectivizaban o resto dos avais e a resposta do alcalde é a mesma de sempre que pode valer para alguén, pero non para o BNG nin para os veciños de Barreiros. Dixo que a situación económica é moi grave e que si se efectivizaban os avais poñeríamos a moitas empresas nun apreto, pero desde logo que os veciños de Barreiros non teñen para nada culpa do que aconteceu aquí no Concello, nin teñen culpa da crise económica senón que son eles os que sofren as consecuencias da crise provocadas por outros”. O voceiro do BNG engadiu que “por eso sería para nós un motivo de votalos a favor si se tivera consignado esa partida de 3.600.000 euros, ou cando menos a metade para facer unha primeira fase si hai que temporizar a obra e facela por fases”.
Os nacionalistas entenden que “non hai vontade por parte da alcaldía de encetar un dos temas máis acuciantes que ten Barreiros porque independentemente de que a situación urbanística do Concello de Barreiros se solucione pola vía que sexa, ou que cambie a cuestión económica e volte a haber inversión o que nos vai facer falta sempre é a auga, porque senón estaríamos no mesmo provocando aquel informe das licencias que tivera que dicir que segue sen haber auga cando hai tres anos que se firmou o convenio. Polo tanto esta é a gran eiba da xestión do PP, entre outras, en Barreiros e máxime dous anos despois de revalidar a alcaldía dicindo que este era o proxecto estrela, o único que tiña, e danos a impresión que vai acabar o mandato sin conseguilo con todos os perxuizos que suporá para os veciños”.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



