Nota de Prensa
Ruiz Rivas anuncia a presentación dunha proposición non de lei para instar á Xunta a que reclame do Goberno central un novo marco normativo que condicione a autorización dos parques eólicos mariños a un informe preceptivo da Comunidade autónoma ribeireña
O PPdeG PROPICIARÁ UN REXEITAMENTO UNÁNIME DO PARLAMENTO GALEGO EN CONTRA DA INSTALACIÓN DE PARQUES EÓLICOS MARIÑOS NO LITORAL DE GALICIA
• Reclama representantes das Consellerías con competencias en materia de Industria, Pesca, Medio Ambiente e Territorio na Comisión de valoración das solicitudes
• O bipartito respondeu “tarde, mal e arrastro” ante a decisión do Goberno central de permitir a instalación de muíños eólicos na costa galega
Santiago, 29 de abril de 2009.- O Grupo Parlamentario Popular rexistrará na Cámara galega unha iniciativa encamiñada a lograr un rexeitamento unánime das tres forzas políticas en contra da previsible instalación de parques eólicos mariños en áreas próximas ao litoral da Comunidade Autónoma.
Esta proposta de rexeitamento está recollida nunha proposición non de lei presentada hoxe polo portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, que avoga tamén por reclamar ao Goberno central a apertura dun proceso de negociación institucional coa Xunta de Galicia para corrixir a situación actual.
Neste sentido, o PPdeG convida a PSOE e a BNG a apoiar a iniciativa que pretende instar á Xunta a que propoña ao Goberno central un novo marco normativo encamiñado a facer valer os intereses de Galicia mediante dúas vías diferentes:
• Que no procedemento administrativo que tramite o Goberno central para a reserva das zonas e a instalación dos parques eólicos mariños, así como no de autorización da propia instalación, sexa preceptivo un informe favorable da Comunidade Autónoma limítrofe coa área eólica mariña. A maiores, ese informe autonómico deberá xustificar se a capacidade de evacuación da enerxía producida se axusta á súa planificación enerxética, dado que ese transporte deberá efectuarse necesariamente mediante liñas terrestres.
• Que na comisión de valoración das solicitudes de reserva de zona que constitúa o Goberno central, ademais de existir un representante designado pola consellería competente en materia de enerxía, se inclúan tamén representantes dos departamentos con competencias en materia de pesca, medio ambiente e territorio.
O PPdeG confía en poder aprobar esta proposta por unanimidade para corrixir, deste xeito, os erros cometidos polo Executivo bipartito durante a pasada lexislatura e que acabaron permitindo a instalación de aeroxeradores mariños no 75% da costa da Comunidade Autónoma.
OUTRA CHAPUZA DO BIPARTITO
Nunha rolda de prensa celebrada este mediodía no Parlamento de Galicia, Ruiz Rivas recordou que o anterior executivo galego reaccionou “tarde, mal e arrastro” ante a decisión do Goberno central de permitir a instalación de muíños eólicos no mar de Galicia, presentando un conflito de competencias ante o Tribunal Constitucional.
A decisión chegou tarde de máis xa que, na fase previa, a Xunta non formulou alegación algunha ao proxecto do real decreto que establece o procedemento para a tramitación das solicitudes de xeración eléctrica no mar cando este texto foi informado na Comisión Nacional da Enerxía, na que o Executivo galego estaba representado polo director xeral de Industria. Simultaneamente, a Xunta tampouco formulou alegacións rigorosas durante o período de audiencia ao que foi sometido ese texto legal antes de ser aprobado polo Consello de Ministros.
PROTECCIÓN DA PESCA, O MARISQUEO E A PAISAXE
Coa súa oposición á instalación de parques eólicos mariños na costa galega, o PPdeG busca protexer os recursos pesqueiros, marisqueiros, ambientais e paisaxísticos do litoral da Comunidade Autónoma, que poderían quedar seriamente danado no caso de que cheguen a instalarse tales artefactos.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



