A MARIÑA .- A CIG convida aos traballadores e traballadoras de A Mariña a participar nos actos do primeiro de maio que desenrolará en Foz. Propón a CIG unha xornada con unha “manifestación que con carácter reivindicativo, pero tamén festivo, celebraremos como cada ano”. A marcha partirá da Praza do Conde de Fontao ás doce e media da mañá e rematará diante da Casa do Concello. A parte máis lúdica da xornada terá lugar ao remate da manifestación na que, aqueles que se anoten durante esta semana no local de Burela, participarán nun xantar preto da praia da Rapadoira
Nota de Prensa
A Confederación Intersindical Galega da Mariña convida a todos os traballadores e traballadoras da Mariña a participar nos actos deste 1º de maio
Dada a actual situación de crise económica e a masiva destrución de empregos, faise máis necesario que nunca saír á rúa, deixar ver a forza da clase traballadora, e contrarrestar a ofensiva mediatica da gran patronal e dos sectores máis retrógrados da política e das finanzas que, aproveitándose desta situación, queren que os lexisladores fagan outra reforma laboral coa conseguinte perda de dereitos para as clases máis desfavorecidas.
“Flexibilización”, “abaratamento do despido”, “redución de impostos”, “axudas as empresas” son conceptos cos que nos bombardean incesantemente aqueles que encheron os petos nos últimos dez anos. Son as mesmas receitas neoliberais que tan bo resultado (para eles) lles deron na última década e que remataron coa actual .
Por iso, dende a CIG convidamos aos traballadores e traballadoras da Mariña a participar na manifestación que con carácter reivindicativo, pero tamén festivo, celebraremos como cada ano no 1º de maio. Nesta ocasión organizamos a manifestación no concello de Foz, con saída da Praza do Conde de Fontao ás 12:30h. para rematar diante da Casa do Concello. A parte máis lúdica da xornada terá lugar ao remate da manifestación na que, aqueles que se anoten durante esta semana no local de Burela (982 581 861), asistirán a un xantar nun restaurante preto da praia da Rapadoira.
Polo emprego, Dereitos e Prestacións sociais, Mobilízate coa CIG!




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



