Barreiros, 20 de febreiro de 2013. O BNG de Barreiros cualifica de vergoñentas as declaracións do alcalde de Barreiros a respecto da ameaza de retirarse da política se ve reducido o seu salario pola aplicación da reforma da administración local.
Desde o BNG pensan que “as declaracións de Alfonso Fuente son unha falla de respecto para as veciñas e veciños que están pasando por situacións difíciles e que, coas medidas que está implantando o Partido Popular, só ven empeorar as súas condicións de vida”. Para os nacionalistas barreirenses, “o alcalde de Barreiros debería preocuparse por solucionar os problemas da xente e do propio Concello e deixar de mirarse o embigo e preocuparse unicamente pola súa situación persoal”.
“Cando unha persoa se dedica á política debe facelo por convencemento de que o que fai é para mellorar a calidade de vida dos seus concidadáns e non agardando un medio de vida que lle permita vivir desafogadamente. A dedicación dos cargos públicos debe ser por vocación de servizo público”, explican desde o BNG.
En todo caso, segundo o BNG, “o alcalde de Barreiros tería moitas razóns para retirarse da política de maior calado que unha rebaixa salarial. Rebaixa que, por outro lado, el mesmo lle aplicou a todas as traballadoras e traballadores do ente municipal cando, seguindo as indicacións do Partido Popular, lles retirou a paga extra sen dubidalo en ningún momento e sen acordarse das posibles cargas familiares que puideran ter”. “Entristécenos -aseguran os nacionalistas- que a rebeldía que parece que agora amosa Fuente Parga non se lle ocorrese exercela para oporse ás medidas antisociais e de empobrecemento da clase traballadora que aplica sistematicamente o Partido Popular alí onde goberna”.
Para o BNG estas declaracións demostran que “o único que preocupa a Alfonso Fuente é a súa situación persoal e que pon por riba os seus propios intereses dos das veciñas e veciños. Esta reacción só é unha mostra máis, ao igual que a contratación dos servizos dun avogado a cargo do Concello para asumir a defensa nos múltiples casos xudiciais que ten abertos, consecuencia da xestión de goberno de Alfonso Fuente, e que lle custarán ás arcas municipais 18.000 euros anuais”.
“Cando se trata de cuestións que poden afectarlle persoalmente a Fuente Parga non escatima en gastos e permítese aprobar un contrato de 18.000 euros anuais para un único avogado, mentres o Partido Popular recorta en prestacións e servizos sociais e o propio goberno barreirense ten aplicado subas de taxas e impostos a todas as veciñas e veciños como consecuencia da mala xestión económica que se levou no concello durante os últimos anos”, engaden os nacionalistas.
Desde o BNG pídenlle a Alfonso Fuente “que deixe de pensar en si mesmo e que pense, como alcalde e máximo responsable do Concello, nas situacións que están vivindo as veciñas e veciños e que amose esa pretendida rebeldía para buscarlles solucións aos problemas da maioría e non unicamente aos seus propios”.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



