Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Foz somos conscientes de que o actual contexto de crise económica e a elevada taxa de desemprego están a ocasionar verdadeiras dificultades económicas a centos de miles de familias, que están a chegar a unha situación límite que non lles permite cubrir as súas necesidades máis básicas. O Concello de Foz non é alleo a este fenómeno, xa que continúan a producirse cada día máis casos de familias completas con todos os seus membros no paro, familias que ven como un dos seus maiores logros, a súa vivenda, pode estar en perigo por unha execución hipotecaria que pode provocar a perda do inmoble. E aínda por riba de perder a vivenda, estarán expostos a unha condena financeira de por vida.
A perda da vivenda tamén leva consigo a perda doutros dereitos e impide ás persoas afectadas realizarse no ámbito familiar e profesional, e condena, en moitos casos, á marxinación e exclusión social.
En definitiva, a situación de desamparo na que se atopan algunhas das nosas familias, asfixiadas por unha situación laboral cada vez máis insostible e unha hipoteca froito da avidez de especuladores e entidades financeiras, é moi preocupante.
Por todo o exposto, dende o Grupo Municipal Socialista de Foz, considérase que se está a vulnerar un dos dereitos fundamentais dos cidadáns, o da vivenda. O artigo 47 da Constitución establece que “Todos os españois teñen dereito a unha vivenda digna e adecuada, e que os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando o uso do solo de acordo co interese xeral para impedir a especulación”.
Debido a isto, o noso Grupo Municipal presenta esta iniciativa coa finalidade de instar ao Alcalde e ao Equipo de Goberno focense para que se adopten medidas dirixidas a paliar dalgún xeito os problemas existentes, tendentes a que os poderes públicos dean cumprimento efectivo ao mandato do art. 47 da Constitución Española, e se estuden saídas xustas á cuestión das vivendas baleiras.
Consideramos necesario intervir con urxencia ante esta dramática situación, que levou a horrorosos desenlaces coa perda de vidas, e que, coa duración prolongada desta crise inhumana, estase a agravar día a día.
Polo exposto, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Foz, defenderá no vindeiro Pleno da Corporación unha Moción solicitando a adopción das seguintes medidas dirixidas a axudar ás familias con dificultades económicas:
Que, dende os Servizos Sociais do Concello de Foz, se elabore un rexistro no que se poidan inscribir as unidades familiares empadroadas no noso Concello que teñan todos os seus membros en idade de traballar desempregados, así como aquelas cuxos ingresos sexan inferiores ao IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) previsto para este ano (532,51 € mensuais), e no que figuren, tamén, aquelas familias que corren risco de ser desafiuzadas das súas vivendas por non poder facer fronte ao pago das correspondentes cotas do seu préstamo hipotecario ou do seu alugamento, así como as familias que xa foron vítimas de desafiuzamento da súa vivenda habitual en Foz.
Que se negocie coas entidades bancarias, empresas inmobiliarias e, incluso, os particulares que dispoñan dalgunha vivenda sen ocupar na nosa localidade, e estean dispostos a ofrecer ditos inmobles en alugamento social coa finalidade de poder axudar ás familias que están a atravesar este tipo de penurias económicas.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



