Mondoñedo, 25 de febreiro de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo pedirá en pleno a constitución dunha comisión para investigar a execución e a xestión municipal da obra do entorno da Catedral e do Seminario. Os populares tomaron esta decisión dado o resultado dunha obra cuxo resultado presenta diferenzas respecto ao proxecto feito ao que se lle engade a dubidosa adxudicación da obra, tendo en conta que o PP non ten constancia de que se materializaran as melloras (actuacións non obrigadas por proxectos pero comprometidas a realizar pola empresa adxudicataria), comprometidas a levar a cabo pola entidade adxudicataria sendo este o criterio practicamente determinante de que a empresa resultara elixida para a realización das actuacións.
A non execución das melloras xunto ao mal estado do resultado das obras (arquetas que rompen de xeito continuado, mal estado do firme, pedras rotas, mal mantemento das canalizacións…) levaron aos populares, insatisfeitos coas respostas obtidas polo momento, a tomar esta decisión co obxecto de saber cal é a realidade. Os populares aseguran que alguén terá que responder ante unha obra a que cualifican de “desfeita”.
Deste xeito, os populares cualifican de “urxente” o arrando dos desperfectos na obra do entorno da catedral. Asemade, esíxenlle ao equipo de goberno a sinalización de prazas de minusválidos neste entorno, ao tempo que lamentan que unha vez máis o bipartito, se volvese a esquecer dos máis necesitados.
















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



