O torneo conta con 3 sedes: Lugo no campo das Gándaras, Becerreá e Ribadeo no campo de herba artificial de fútbol 7 e participarán 150 equipos de xuvenís, cadetes, infantís, alevíns, benxamíns e pre-benxamíns.
Lugo, 4 de marzo de 2013. Esta mañá o vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, e o delegado de Cultura e Turismo, o nacionalista Mario Outeiro, presentaron a segunda edición da Copa Deputación de Fútbol Base, que se disputará entre os días 25 e 31 de marzo, coincidindo coa Semana Santa.
Antonio Veiga na súa intervención explicou que “este torneo move a máis de 2.500 rapaces e as súas familias, polo que estamos falando dun evento cunha magnitude moi grande e que implica aos clubs de toda a provincia. O ano pasado da categoría xuvenil, na provincia a tempada pasada había 38 equipos dos que participaron 34; de cadetes, había 32 e participaron 3; de infantís, había 36 e participaron 33; alevín, había 42 e participaron 42; e benxamín, había 38 e participaron 32. Estamos a falar de 137 equipos, cifra que se superará este ano, e arredor de 2.500 xogadores. Este ano ademais inclúese a categoría de pre-benxamíns como novidade, polo que a cifra de equipos e xogadores participantes incrementarase con seguridade”.
Veiga afirmou que “como vén sendo a nosa liña de traballo desde a Área de Deportes da Deputación, queremos facer fincapé no apoio ao deporte de base, propoñendo esta competición futbolística que será tamén un gran evento socializador e de convivencia para todas e todos os nenos e as súas familias.”
Este ano as sedes do torneo serán Lugo no campo das Gándaras, Becerreá e Ribadeo no campo de herba artificial. En Lugo xogarán as categorías xuvenil e infantil os días 25, 26 e 27. En Becerreá as categorías cadete e alevín o 28 e 29 de marzo e en Ribadeo as categorías benxamín e pre-benxamín a fin de semana do 30 e 31 de marzo.
Hai que salientar que os custes de desprazamento, manutención e aloxamento para aqueles equipos que se teñan que desprazar moitos quilómetros estarán sufragados pola Deputación de Lugo, ademais de todos os gastos propios da competición como arbitraxes, materiais, etc. Nesta liña, Antonio Veiga puntualizou que “é un aliciente para os equipos saber que teñen todos os gastos cubertos, xa que os equipos que se teñan que desprazar máis de 50 quilómetros desde a súa orixe ao punto onde se disputa o torneo terán sufragados os gastos de desprazamento, así como o aloxamento e a manutención para os equipos que se teñan que desprazar máis de 75 quilómetros. Tamén cada xogador levará un agasallo pola súa participación e o equipo recibirá unha bolsa con 5 balóns, ademais dos correspondentes trofeos aos 4 equipos finalistas de cada categoría. Polo tanto, estamos poñendo todas as facilidades para que participen o maior número de futbolistas e de clubs”. Veiga lembrou que hai até o 8 de marzo de prazo para inscribirse a través do correo electrónico copadeputacionfutbolbase@gmail.com e calquera dúbida pode ser solucionada chamando ao 630078398.
Antonio Veiga tamén lembrou que os campos de fútbol de herba artificial de Becerreá e Ribadeo foron feitos co investimento da Área de Deporte da Deputación de Lugo.
Pola súa banda, o delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, afirmou que “estamos a presentar un evento deportivo que ten unha repercusión que vai máis aló da propia competición en si, xa que o comercio e o sector hostaleiro das vilas onde se disputa a competición recibe unha importante inxección económica ao desprazárense centos de rapaces e as súas familias. Ademais, cremos que ao celebrarse coincidindo coa Semana Santa pode incidir en que tamén o sector hoteleiro mellore as súas cifras de ocupación”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
