Por terceiro ano consecutivo, o IES Perdouro de Burela colabora nun proxecto pioneiro europeo de formación coa BBZ – o centro de formación e inserción laboral da localidade alemá de Augsburgo – na acollida de rapaces e rapazas en centros de traballo da localidade.
Este luns, día 4 de marzo, o director do IES Perdouro, Santiago Pérez recibiu un grupo de rapaces e rapazas alemáns do programa europeo de mobilidade por intercambio IdA Explorer!. Nesta ocasión son nove os participantes deste proxecto que realizarán as súas prácticas en empresas nos diferentes sectores da economía burelá ata finais deste mes de marzo. Chegaron con moita ilusión de aprender e abrir horizontes profesionais. Logo da acollida e visita no centro educativo, os futuros aprendices foron recibidos no Concello de Burela pola Concelleira de Asuntos Sociais, Diana Durán, nunha pequena recepción de benvida no salón de plenos.
Para rematar a xornada, a Vicedirectora, Karina Parga, acompañounos para visitar algún dos puntos de interese de Burela e achegáronse ata a praia das Catedrais declarada monumento natural pola Rede Natura.
Hubertus Freisinger, coordinador alemán do proxecto IdA, aproveitou para mostrar a súa gran satisfacción coa colaboración do IES Perdouro e o seu agradecemento a boa dispoñibilidade das empresas colaboradoras de Burela. Adianta que os días 13 e 14 de marzo, organízanse na Coruña unhas xornadas transnacionais do programa IdA “Movilidade de xuventude en situación de desventaxa entre Alemaña e Galicia” na Fundación Paideia.
Karina Parga, Vicedirectora do IES Perdouro e encargada do Proxectos Europeos, explica que este proxecto piloto alemán, IdA EXPLORER!, respaldado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña e financiado polo Fondo Social Europeo, trata de incrementar as oportunidades de estudos da xuventude, e fomentar o intercambio transnacional en Europa, reivindicando a importancia de coñecer outras realidades para desenvolver competencias e habilidades que faciliten unha integración cualificada e duradeira no mercado de traballo. A Vicedirectora sinala que nestes tres anos que leva traballando coa BBZ un total de 65 alemáns realizaron as súas prácticas na localidade de Burela.










O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



