O equipo de goberno explica que o PXOM contempla máis de 60.000 metros cadrados adicionais para a ampliación do Hospital e indican que os seus membros aseguran que “quen está a apostar por ese centro é o PP”.
Burela, 6 de marzo de 2013. O equipo de goberno burelés manifestou hoxe que “o PSOE non está lexitimado para falar da ampliación do hospital, por varios motivos, pero fundamentalmente porque no documento do PXOM que eles tiñan preparado non había solo para a ampliación do hospital, e porque votaron en contra das alegacións presentadas ao PXOM, nas que se incluía unha do propio Sergas demandando máis alturas no solo dotacional reservado para o hospital”. Os populares lembran que o socialista Alfredo Llano prometeu ata en dúas ocasións un investimento de 7 millóns de euros xa Xunta bipartita para o hospital da Costa e “non se investiu un só euro”.
Desde o equipo de goberno aseguran que “os socialistas non recollían no PXOM máis superficie ca actual. No documento aprobado polo PP, co voto en contra do PSOE e do Grupo Mixto, hai máis de sesenta mil metros cadrados adicionais, para garantir a ampliación, para garantir o aparcamento cómodo e para garantir a ubicación en definitiva de máis e mellores equipamentos sanitarios”. E engaden que “quen está apostando decididamente pola ampliación do hospital de Burela é o PP, para escarnio dos socialistas, que non foron capaces de gastar nin un euro, e que durante o bipartito Touriño-Quintana calaron a boca sobre a ampliación, sobre os galpóns, que xa os había daquela, e sobre outras cousas, porque algúns membros da plataforma estaban ocupando cargos importantes e polo tanto tiñan bos soldos, ou traballaban pouco ou nada”.
Para o goberno burelés, “resulta unha broma de mal gusto ver ao señor Llano na foto da Plataforma. Este señor está a xustificar os máis de cincuenta mil euros anuais que cobra da Deputación, pero resulta que este mesmo señor Llano prometeu por dúas veces, no pleno da Corporación de Burela, un investimento de sete millóns de euros no hospital da Costa por parte da Xunta bipartita, e resulta que ese investimento quedou reducido a cero euros”.
Desde o equipo de goberno tamén se refiren á concentración do pasado sábado, “resulta sorprendente que o PSOE, logo dos antecedentes citados, se alíe con grupos de violentos. Por iso algunha persoa destacada do PSOE burelés estaba na concentración insultando e ameazando aos membros do PP de Burela. Acontece que o PSOE está que rabea porque non sabe gañar nas urnas o que quere gañar nas rúas, sen darse conta de que a concentración non lles cumpriu as súas expectativas. Tanto é así que de seguir por esta vía e por esta liña de confrontación, o PSOE seguirá perdendo apoios, porque os cidadáns normais non están pola labor da violencia verbal e física que exerceron algúns membros do PSOE burelés o pasado sábado”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



