O grupo municipal Unifoz, considera necesario o apoio unánime das xentes da Mariña, (veciños/as ,asociacións, formacións políticas) e sinala que é necesaria unha posta en común para defender un tema tan sensible, tan básico e necesario coma a Sanidade Publica, e o seu referente como ten que ser o Hospital da Costa e a súa xestión.
Unifoz destaca tamén que o Hospital da Costa non pode ser un “manexo doutros”, senón ser un centro hospitalario de referencia “porque todos o necesitamos”. Por ese motivo, piden o apoio de alcaldes/esas e concelleiros/as, e dos cidadáns para loitar “xuntos contra este atentado que nos queren consumar contra a sanidade pública e en particular contra o Hospital da Costa do que dependemos”.
Así pois, Unifoz dá a súa sinatura pública como formación política ao seguinte manifesto e o seu apoio á seguinte nota feita pública en todos e cada un dos termos: “No podemos asistir impasibles al deterioro del Hospital da Costa, el mismo del que hace apenas tres años celebrábamos con orgullo sus primeros 25 años de existencia. Este hospital, nacido como comarcal, dejó claro desde sus inicios que era algo más que comarcal. Los más de 100 kilómetros de distancia a cualquier centro de referencia posible, la calidad de sus trabajadores y su conexión con la ciudadanía, hicieron que este centro fuese ampliando su cartera de servicios hasta llegar a la de un Hospital General. La escasez de espacio fue siempre una limitación, cada vez que se terminaba una ampliación ya resultaba insuficiente. Este problema se ha ido acrecentando con el tiempo debido al aumento de población de la zona, en contraste con la de Lugo que está en franco descenso y sin embargo cuenta con una arquitectura sanitaria sobredimensionada. En todas las campañas electorales, los diferentes grupos prometieron ampliaciones para este hospital, conocedores de que es un tema al que es muy sensible la población electora, la cual ya se había manifestado de forma multitudinaria ante la amenaza de que la gestión sanitaria pasase a depender de Lugo”.



















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



