O salón de actos do Concello de Lourenzá acolleu a presentación da nova equipación das Escolas Deportivas para este nova temporada, así como a renovación dos patrocinadores. No acto estiveron Emma Álvarez Chao (alcaldesa de Lourenzá), Pablo Maseda Fernández (concelleiro de Deportes) e os capitáns do primeiro equipo (Dani Rego, Montxinho Seivane, David “Garrafín” e Iván Recale”). Ademais, estiveron os representantes dos tres patrocinadores (Construcciones Emérito Cabaleiro, Panadería Neli e Construcciones Augacons), así como o representante dun novo colaborador (Cafetería Vinoteca Morrigan).
A camiseta é un guiño ó antigo e desaparecido Alético Lourenzá coa marca propia E.D. LOURENZÁ. Plasma o deseño da mesama, o escudo e leva tamén gravado no cuello ATL. LOURENZÁ. O obxectivo foi facer unha pequena homenaxe a tantos anos de historia que protagonizou o Atleti.
A nova camiseta estará dispoñible para os socios e simpatizantes que queiran mercala a partir do domingo día 10 de marzo en todos os partidos que dispute o primeiro equipo (os partidos como local en Santa Cruz).