O PP de Viveiro faise eco, unha vez máis, das demandas dos veciños do barrio do Pedregal, así como da Rúa Emilio Bouza Basanta da parroquia de San Xoán de Covas sobre a situación que viven como consecuencia da maleza, ratas e residuos de diversa índole cerca dos contedores do lixo ou das fincas próximas, do que o alcalde ten testemuño por parte dos veciños do barrio e a rúa en cuestión. O rexedor é coñecedor, polo tanto, da situación e da situación actual da obra da empresa Os Molineros que está paralizada dende fai tempo e en cuxo recinto hai augas estancas que inunda no baleirado previo a unha construción con mal olor e plaga de mosquitos que parecen desprenderse desas augas.
O grupo popular xa realizou un rogo á alcaldía no pleno do 25 de maio do 2009 sobre esta mesma situación que co paso do tempo evidencia a deixadez e o abandono do goberno local, que lonxe de plantexar unha solución ás demandas veciñais e requirir a quen incorre en irregularidades trata de eludir as súas responsabilidades segundo os propios veciños, afirma o popular Celestino García.
O PP de Viveiro quere facer fincapé na falta de medidas de seguridade no peche desta obra motivada polo cese de actividade, xa que dito peche cremos que non reúne a seguridade suficiente para evitar riscos innecesarios.
Por todo isto, os populares solicitan do goberno local que tome as medidas medioambientais e de seguridade e que subsane canto antes a situación como demandan os veciños do barrio do Pedregal e a rúa Emilio Bouza da parroquia de San Xoán de Covas.















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



