RIBADEO (FNC) .- A OMIC de Ribadeo acolle ata o vindeiro 20 de maio unha exposición sobre os irmáns Suárez Picallo. Trátase dun proxecto do Concello de Sada coma homenaxe ás figuras destes dous galeguistas que foron represaliados polo franquismo por defender as súas ideas. Ramón Suárez Picallo foi deputado nas Cortes na segunda república e Antón Suárez Picallo destacado sindicalista e agrarista asesinado en 1936.
O rexedor de Sada sinalou que “Ramón é unha figura fundamental na Galiza do século XX, eu considero que despois de Castelao foi a figura máis relevante do nacionalismo galego. Foi un impulsor do Partido Galeguista. Ten multitude de publicacións que recuperamos no 2008 que foi declarado polo noso Concello, ano dos irmáns Suárez Picallo”. Abel López Soto lembrou que un dos irmáns “morreu de tristura añorando a súa terra e comentoulle a Isaac Díaz Pardo o seu desexo de descansar en Sada e nós o ano pasado viaxamos a Bós Aires e trouxemos os seus restos á nosa vila e alí repousan”.
Pola súa banda, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agradeceulle “enormemente ao Concello de Sada por terse acordado de nós para que esta exposición recalase tamén en Ribadeo e tamén á comisión organizadora do evento. Por esta xente, coma os irmáns Suárez Picallo, hoxe en día Galiza é unha comunidade histórica dentro do que é o Estado español. Son figuras que evocan o diálogo, que foron escollidas polo pobo democraticamente na república, e que logo polo maldito franquismo tiveron que exiliarse. Eu creo que a súa obra segue moi viva e é unha boa acción dala a coñecer con esta exposición que estará quince días en Ribadeo”.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



