Esta foi unha das actividades organizadas pola concellería de Medio Ambiente de Burela para celebrar o Día Forestal Mundial.
Burela, 21 de marzo de 2013. Coa plantación de varias árbores culminaron hoxe as actividades organizadas pola Concellería de Medio Ambiente e o Centro de Educación Medioambiental Gaia entorno ao día forestal mundial que se celebra neste 21 de marzo.
Desde a Concellería de Medio Ambiente lembran que “o día mundial da árbore, tamén coñecido como día forestal mundial, foi, en principio, unha recomendación do Congreso Forestal Mundial que se celebrou en Roma en 1969. Escolleuse o 21 de marzo, primeiro día da primavera no hemisferio norte e o 1º día do outono no hemisferio sur; aínda que moitos países celébrano en datas diferentes. O primeiro país en facer oficial esta celebración foi Suecia no ano 1840”.
Durante toda a semana pasada o alumnado de 2º a 6º de primaria dos dous centros de ensino: Virxe do Carme e Vista Alegre e os usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña participaron no xogo de pistas Qué árbore é? que rematou no día de hoxe coa plantación dunha árbore. Un limoeiro no caso do CEIP Vista Alegre que plantaron os alumnos de 4º B acompañados da súa mestra, da concelleira de Medio Ambiente, Patricia López, que lles fixo entrega dun diploma pola súa participación, de persoal directivo do centro e das monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia. E unha figueira foi plantada por unha das dúas finalistas da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, acompañada do resto dos membros da asociación (usuarios, monitores e a presidenta como convidada de honor). Os rapaces e rapazas do CEIP Virxe do Carme plantarán mañá, venres, un acivro.
Desde a Concellería de Medio Ambiente indican que “estas actividades sempre teñen repercusión e son do gusto do entorno escolar polo seu interese educativo. Aparte do coñecemento do valor da árbore, serven, por exemplo, para introducir ao alumnado dende idade temperá no coñecemento e respecto polas árbores”.
Esta data foi aproveitada polas monitoras do Centro de Educación Gaia para plantar hoxe en cada centro a primeira hora da mañá as árbores doadas pola Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela, “e comunicar de forma eficiente a importancia dos nosos bosques, sensibilizar ao alumando e ao público en xeral acerca do valor das mesmas e espertar o interese pola riqueza arbórea do noso entorno afondando no coñecemento das mesmas”.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



