Asegura que os veciños da Mariña non entenderán como os tres partidos da oposición non foron quen de apoiar a petición para que a Xunta proceda á ampliación deste centro hospitalario, mandato que prosperou co voto favorable do PP.
O Parlamento, cos votos favorables de PP e PSOE insta á Xunta a “garantir a continuidade dos servizos, unidades e consultas do hospital da Costa de Burela (Lugo) e a desenvolver cantas xestións e esforzos sexan necesarios para incrementalos e potenciar a súa calidade asistencial”.
Santiago, 18 de abril de 2013.- Jose Manuel Balseiro sinalou hoxe que o acordo acadado no día de onte no Parlamento de Galicia garante o futuro do Hospital da Costa e servirá para disipar calquera tipo de dúbidas respecto do mantemento da totalidade dos servizos que se seguirán a prestar neste centro hospitalario, sen necesidade de desprazarse ata Lugo.
A Cámara galega, a iniciativa dos populares, e cos votos favorables de PP e PSOE insta á Xunta literalmente “a garantir a continuidade dos servizos, unidades e consultas do hospital da Costa de Burela (Lugo) e a desenvolver cantas xestións e esforzos sexan necesarios para incrementalos e potenciar a súa calidade asistencial”.
Malia os reiterados intentos do deputado do Grupo Popular de acadar un acordo unánime –Balseiro ofreceu incluso aceptar e incluír o 90% da emenda do PSOE e a inmensa maioría dos puntos defendidos polo BNG- as tres forzas da oposición decidiron absterse nun dos puntos fortes da iniciativa o relativo á impulsar de xeito inmediato a ampliación do Hospital da Costa. Unha petición que en todo caso si prosperou ao contar co voto favorable do PP.
VALORACIÓN
Balseiro lamentou que despois de todo o que tivemos que escoitar nos últimos meses na Mariña, as forzas da oposición sexan incapaces de apoiar un mandato á Xunta para que amplíe o hospital e sinalou en todo caso a importancia de que si fóra posible un acordo co PSOE para blindar a continuidade de todas as consultas e servizos. Dixo tamén que os veciños da Mariña non poderán atender ás forzas que decidiron non apoiar proxectos positivos para o futuro da sanidade pública comarcal.
HOSPITAL DE REFERENCIA E PREFERENCIA
Balseiro que emprazou repetidamente á oposición a que fora quen de explicar un só servizo que se puidera ter perdido nos últimos anos -petición que recibiu en todo o momento o silencio por resposta- dixo que o Hospital da Costa e o de Monforte seguirán funcionando con total capacidade e atendendo a todos os veciños da súa comarca de referencia.
Nesta liña o deputado popular insistiu en que o Hospital da Costa seguirá sendo o centro de referencia e preferencia para a asistencia de todos os veciños da Mariña que non terán que desprazarse a Lugo para recibir os mesmos servizos que ata o de agora xa existen no hospital e que incluso o Sergas traballa para amplialos.
COORDINAR NON SIGNIFICA PERDER SERVIZOS
O Parlamentario popular agradeceu que no transcurso do debate tanto os socialistas como os nacionalistas recoñeceran que a área sanitaria da Mariña non desaparece co novo modelo de xestión integrada –contradicindo os argumentos que mantiveron ata o de agora e incluso algún dos folletos que repartiron pola comarca- e sinalou que novo modelo de xestión tan só coordina as tres áreas sanitarias lucenses, sen restar competencias a ningunha delas. “Coordinar non significa nin perder autonomía, nin perder servizos, nin restar prestacións”-concluíu con contundencia
CONTINUIDADE DA ÁREA SANITARIA DA MARIÑA
O deputado popular tamén explicou que o modelo de xestión posto en marcha polo SERGAS garante que a área sanitaria da Mariña manteña un xerente executivo, con papel reforzado e aínda máis competencias. Sinalou ademais que este xerente terá capacidade de decisión sobre os recursos da comarca tanto hospitalarios como os centros de saúde –que antes dependían de Lugo- e manexará un orzamento propio.





















Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



