A aula da UNED de Foz acolle a celebración dun curso sobre Seguros de 50 horas que se desenvolverá dende o 22 de abril ata o 6 de maio en horario de catro a nove da tarde. A avogada e titora da UNED de Foz, Elena Rodríguez, e o responsable do instituto FORIS, Manuel Valledor serán os encargados de impartilo curso en Foz. A matrícula pódese formalizar reservando praza no teléfono 982 133 699, a través do correo electrónico foz@lugo.uned.es ou de xeito presencial na aula universitaria de Foz (IES de Foz) ingresando posteriormente o prezo da matrícula que ascende a 30 euros ou 25 no caso de ser alumno da UNED, do instituto de Foz ou para persoas desempregadas. Os interesados tamén poden inscribirse a través de www.extensionuned.es e ingresando o importe no número de conta 2080 5152 58 3040026385 baixo o concepto do nome do curso e datos do alumno ou alumna, ademais de entregar o xustificante de pago no instituto.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



