• O Grupo Provincial Popular Pedirá a creación dunha comisión de investigación, integrada polos tres partidos políticos, para depurar responsabilidades políticas en relación á posible malversación de fondos no programa KM0 e ás denuncias de presuntos casos de acoso ao persoal do servizo de protocolo.
• Instará a Gómez Besteiro a que salga da retagarda e dea conta da situación desta problemática, das xestións levadas a cabo tras ter constancia das denuncias sobre posibles casos de acoso así coma da fase de aplicación na que se encontra o Protocolo de actuación fronte ao acoso laboral.
• Non é pretensión do Grupo Provincial do Partido Popular entrar na análise xurídica, que corresponde a outros organismos, pero é importante depurar responsabilidades políticas.
Lugo a 24 de abril de 2013.- Tras coñecer en días pasados, a través dos medios de comunicación, que a Fiscalía de Lugo, está a investigar unha suposta malversación de fondos no programa KM0 e que varias funcionarias da Deputación denunciaron presuntos casos de acoso por parte do xefe de protocolo do ente provincial, o Grupo Provincial Popular mostra a súa preocupación e esixirá a Gómez Besteiro que explique e active mecanismos para aclarar presuntas irregularidades e problemáticas que, supostamente, acontecen dentro da Deputación de Lugo e, nomeadamente, dentro do seu departamento.
Así, a voceira dos populares na Deputación explicou que o servizo de protocolo depende organicamente de Presidencia, “por conseguinte hai unha persoa que debe dar explicacións dese tema, que é o que ten a responsabilidade, e igual que fixo uso dela para sacarlle rendibilidade política ao programa KM0, tamén debe facelo agora para aclarar esta situación”.
O Grupo Provincial Popular instará a Gómez Besteiro, como máximo responsable, a que cree unha comisión de investigación, na que estean integrados os tres grupos, BNG, PSOE e PP, para depurar responsabilidades políticas en relación á posible malversación de fondos no programa KM0 e ás denuncias de presuntos casos de acoso ao persoal do servizo de protocolo.
Segundo explicou Elena Candia, o PP quere saber a verdade e pide actuacións inmediatas e un exercicio de transparencia para que se explique o que aconteceu. “Hai un pasado que descoñecemos e temos dereito a ter información sobre o que motivou chegar a esta situación xa que se está a falar de acusacións moi graves, que requiren unha investigación moi rigorosa ata esclarecer todos os feitos”, reincide.
Deste xeito, os populares pedirán ao presidente da Deputación que dea conta da situación desta problemática que, supostamente, se vive no Organismo, das xestións levadas a cabo tras ter constancia das denuncias sobre posibles casos de acoso así coma da fase de aplicación na que se encontra o Protocolo de actuación fronte ao acoso laboral
Conclúen os populares que non é pretensión do Grupo entrar na análise xurídica, que corresponde a outros organismos, pero aseguran que é indiscutible que estes feitos requiren de explicacións urxentes e claras sobre a actuación dos responsables políticos e deste xeito, analizar se se puido incorrer en algún tipo de irresponsabilidade política. Así, os populares amosan o máximo respecto á actuación xudicial, pero “nos temos que aclarar as responsabilidades políticas”, xa que a “institución vese afectada e a gravidade das acusacións require que non quede ningún tipo de dúbida”.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



