O domingo 12 de maio, a partir das 11.00 horas celebrouse a primeira Carreira Popular das Praias no Concello de Barreiros. Cun día estupendo de sol, tantos os nenos como os adultos desfrutaron dunha mañá de deporte e praia. Ás 11.00 deron comezo as carreiras infantís e máis tarde, ás 12.30 horas e aproveitando a baixamar, daba saída a proba absoluta, que consistía nun percorrido de 11 quilómetros pola propia area das praias.
Por parte da organización indican que está moi satisfeitos coa participación, máis de 200 corredores divididos nas diferentes categorías, e a gran deportividade dos atletas. Tamén aproveitan para pedir perdón polos erros que se puideron cometer por tratarse dunha proba popular e totalmente gratuíta na que non foi posible o emprego de medios tecnolóxicos. De todos modos, a Peña Barcelonista de San Miguel e o Café Moderno pensa xa nunha segunda edición, na que tratarán de corrixir defectos e esperar que o boca a boca faga que o próximo ano aínda se reúnan máis participantes.
Por último, agradecen a todos os colaborades e patrocinadores (particulares, empresas e institucións) a gran axuda recibida para que a carreira fose posible.
Gañadores
PITUFO FEMENINO
1- Celia García Fernandez
2º y 3º Compartido- Leire González López y Alejandra Fernández López
PITUFO MASCULINO
1- MANUEL JATO CASTRO
2- SERGIO BERMUDEZ ROCHA
PREBENXAMIN FEMENINO
1- IRIA RODRIGUEZ ARES
2- INES ROCHA FERNANDEZ
3- MARIA FUENTE ALVAREZ
PREBENXAMIN MASCULINO
1- JORGE PENABAD RODRIGUEZ
2- MARTIN GARCIA GARCIA
3- HUGO LOPEZ CASANOVA
INFANTIL A FEMENINO
1- VALERIA ALVAREZ FOJO
2- ANDREA RODRIGUEZ DORADO
3- CARMEN GARCIA VAZQUEZ
INFANTIL A MASCULINO
1- HUGO VILLALBA LEON
2- AYOUB KHALED
3- BRAIS DIAZ SALAS
INFANTIL B FEMENINO
1- AINARA RODRIGUEZ ARES
2- ANA VALLINES FERNANDEZ
3- PAULA ACEVEDO GAYOL
INFANTIL B MASCULINO
1- ALEXANDRE SANTIAGO LOPEZ
2- JAIME CEREZO LOMBARDERO
3- ADNAN ITRIH
INFANTIL C FEMENINO
1- BARBARA ARGÜELLES ACEVEDO
2- XANA RODRIGUEZ GARCIA
3- CARMEN LOPEZ DINIZ
INFANTIL C MASCULINO
1- ALEX LOPEZ CASANOVA
2- ILYASS KHALED
3- IAGO FREJE MARIÑO
INFANTIL C FEMENINO
1- PAULA FERNANDEZ ROBLES
INFANTIL D MASCULINO
1- JUAN LUIS GOMEZ IGLESIAS
2- DAVID DARRIBA LINDIN
PROMESA FEMENINO
1- MARIA SOUTO PRIETO 1h 02´12´´
PROMESA MASCULINO
1- ALEJANDRO VIJANDE LOPEZ – 53´12´´
SENIOR FEMENINO
1- TANIA NIETO TELLA – 1h 01´40´´
2- FATIMA LOPEZ SOTO – 1h 30´55´´
SENIOR MASCULINO
1- SIMON GONZALEZ RIO – 45´57´´
2- SAMUEL RUIZ-GIMENEZ IGLESIAS – 47´43´´
3- PABLO GARCIA BANIELA – 48´18´´
VETERANO A FEMENINO
1- LAURA EIROS LOPEZ – 56´28´´
2- Mª DEL CARMEN DORADO MARFUL – 60´03´´
3- MARIA PEREZ SANCHEZ – 1h 11´35´´
VETERANO A MASCULINO
1- DAVID HERNANDEZ OTERO – 42´00´´
2- DELIO VAL VILLARINO – 42´46´´
3- JOSE GINZO VEIGA – 43´58´´
VETERANO B FEMENINO
1- PURIFICACION FERNANDEZ CAMPOS – 54´30´´
2- SONIA REY CASTAÑO – 1h 04´32´´
VETERANO B MASCULINO
1- JOSE MANUEL GONZALEZ CASTRILLON – 42´24´´
2- JESUS ANTONIO LOPEZ LOPEZ -43´59´´
3- VALENTIN ALBERT FERNANDEZ BOBES -46´43´´
VETERANOS C FEMENINO
1- ANA MARIA FERRADAS BARRERA – 59´32´´
2- AURORA LOPEZ RODIL – 1h 15´00´´
VETERANO C MASCULINO
1- LUIS FERNANDEZ MENDEZ – 46´11
2- JOSE MANUEL PEREZ PEREIRA – 47´18´´
3- FAUSTINO OLIVEROS DOCE – 49´05´´
VETERANO D MASCULINO
1- JUAN LUIS GOMEZ DEL RIO – 44´36´´
2- JUAN JOSE GINA PRADO – 53´40´´
3- JOSE MANUEL RODRIGUEZ MAYO – 56´30´´























Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
