Este domingo 19 de maio celebrouse en Ares o VIII Trofeo Federación Galega-Xunta de Galicia Aire Libre para as categorías infantil, benxamín, alevín e ardilla. A esta cita asistiron, dende o Club de Tiro Castelarco, como é habitual, Gabriel Galante Briones, e tamén o seu irmán Ángel, que aínda que máis novo e inexperto, xa se está facendo notar na liña de tiro ó igual que o fixera o seu irmán na categoría benxamín.
Infantil
Gabriel non defraudou e fíxose co primeiro posto cun amplo marxe realizando un primeiro raund a 50 metros cun total de 270 puntos. Moi alexado do seu inmediato seguidor, Pablo Seoane (194 puntos), do club anfitrión, o Arco Ares.
Dende as primeiras tiradas, Gabriel mostrou signos de non atoparse na competición, a choiva do comezo pasoulle factura, non logrando achegarse ós 300 puntos. Trala pausa, e co inicio do segundo raund, a choiva deu un descanso ós arqueiros. Esta manga disputaríase a unha distancia que domina Gabriel, os 30 metros; polo que os deces e os noves fóronse sucedendo ata finalizar con 324 puntos (360 puntos son os máximos posibles). A puntuación válelle para proclamarse campión do evento e conseguir a subvención da Federación Galega para acudir a vindeira fin de semana ó Campionato de España para menores de 14 anos que se celebrará en Cambrils (Tarragona). Alí intentará revalidar o seu título de Campión de España nesta categoría e modalidad conseguido o pasado ano. Pese a non “atoparse” na competición como declarou no campo de tiro, a verdade é que logrou bater a súa mellor marca persoal conseguida no campionato de España do pasado ano, situada nos 587 puntos.
A categoría infantil repartiríase como segue: Gabriel Galante Briones 1º con 595 puntos; Ángel Nuñez Lamas da Escola Lucense de Tiro con Arco 2º con 468 puntos e Pablo Seoane Gusano do Club Ares de Tiro con Arco 3º con 441 puntos.
Benxamín
Na categoría benxamín, o Club de Tiro con Arco Castelarco foi representado por Ángel Galante Briones que ós seus nove anos de idade xa está dando que falar nas liñas de tiro, sendo comparado co seu irmán maior, ó que non ten nada que envexarlle pola calidade no tiro que demostra coas puntuacións obtidas. Ángel finalizaba primeiro con 162 puntos sobre os 180 máximos posibles a unha distancia de 12 metros, destacando dende o principio. Despois do descanso non decaeu, e tampoco deu tregua ós seus contrincantes. A regularidade foi a súa bandeira, finalizando o segundo raund coa mesma puntuación do primeiro. Finalizada a competición acumulou un total de 324 puntos (sobre os 360 máximos posibles), cos que ó igual que Gabriel bate a súa propia marca persoal conseguida o ano pasado neste trofeo (259 puntos). Ángel finaliza 1º, Adrián García Meijide e David Rodríguez Fresco ambos do Club Arco Narón, finalizaban 2º y 3º respectivamente (278 e 239 puntos).






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
