L
ugo, 20 de maio de 2013. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou, na súa xuntanza de hoxe, a convocatoria e as bases que rexerán a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para deportistas individuais da provincia durante a anualidade de 2013. Así o anunciou o portavoz nacionalista na institución e delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, quen asegurou que “a finalidade destas axudas é promocionar o deporte lucense sendo conscientes das dificultades dos e das deportistas de modalidades individuais da provincia, en especial durante as etapas de iniciación, para costear a súa formación e progreso”.
“Por estes motivos –continuou Outeiro- o total das axudas non variou con respecto ás convocatorias dos dous últimos anos, manténdose a dotación orzamentaria en 70.000 euros. Manter este investimento supón un esforzo importante para a Vicepresidencia, en concreto para a área de Deporte, pero permite cumprir cun dos obxectivos do Goberno como é a aposta polo deporte de base lucense. Gobernar supón establecer prioridades e garantir o benestar social e fomentar o deporte de base son dúas das prioridades ao redor das que xiran todas as medidas da Vicepresidencia”.
As bases establecen catro liñas de axuda segundo a idade dos e das aspirantes; (A) até os 16 anos, dotada con 25.000 euros; (B) entre os 17 e os 25 anos, dotada con 32.000 euros; (C) con máis de 25 anos, dotada con 9.000 euros; (D) deportistas lesionados que non puideran competir durante o ano 2012 ou parte del e deportistas con capacidades diferentes que participen nas distintas competicións sen límite de idade, dotada con 4.000 euros. A cantidade máxima que poderá recibir cada deportista é de 2.000 euros e só poderá optar a unha única bolsa, con independencia do número de modalidades deportivas que practique.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
