20/05/2013. Santiago de Compostela. A Federación Galega de Dano Cerebral continúa coa campaña para promover o envellecemento saudábel e a prevención da dependencia lanzando un blog a través do que informar e reflexionar sobre estes temas. O blog forma parte dun proxecto sobre novas técnicas na rehabilitación para a prevención da dependencia no dano cerebral, que conta co apoio da Consellería de Traballo e Benestar, FEDER, e o programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal, a través do seu proxecto ‘Envejecimiento + Activo’.
As entidades federadas en FEGADACE están a desenvolver este proxecto en forma de terapias individuais e grupais. Os tratamentos que proporcionan incorporan técnicas innovadoras baseadas nas novas tecnoloxías (realidade virtual, videoxogos, etc.) e na promoción, de maneira transversal, de hábitos de vida saudábel.
Así, e por exemplo, as sesións de Terapia Ocupacional están centradas en obradoiros de cociña, nos que se aproveita para traballar sobre os alimentos máis recomendábeis para a saúde das persoas con dano cerebral. Tamén se están fornecendo tratamentos de fisioterapia, rehabilitación psicolóxica e estimulación cognitiva, logopedia e comunicación.
‘Envellecer con DCA’
O blog ‘Envellecer con DCA’ (http://envellecercondca.wordpress.com/) nace coa idea de que persoas usuarias, familiares e profesionais intercambien opinións sobre hábitos de vida saudábel, innovación nos tratamentos, alimentación… Compártese o proceso de aprendizaxe ao tempo que se desenvolven habilidades no manexo de internet e os dispositivos de acceso á rede.
FEGADACE anima ao público interesado nesta cuestión a participar no blog deixando comentarios, propostas, e interactuando cos demais usuarios e usuarias.
Dentro deste blog pódese atopar unha sección titulada ‘Aprende no noso curso!’, na que se reproduce o material didáctico elaborado polo equipo profesional de FEGADACE para o ciclo de cursos ‘Hábitos de vida saudábeis e prevención da dependencia no dano cerebral’. Recolle documentación, recursos didácticos e xogos cos que aprender a previr a dependencia evitando o dano cerebral. Pódese acceder directamente desde a seguinte URL: http://curso.fegadace.org/.
Cursos sobre hábitos de vida saudábel
O programa para a prevención da dependencia nas persoas con dano cerebral comezou no mes de abril cun ciclo de cursos titulado ‘Hábitos de vida saudábeis e prevención da dependencia no dano cerebral’. Esta actividade, que comparte patrocinadores coa centrada na rehabilitación, consistiu nunha serie de cursos que se impartiron na Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago. Neles ensinouse ao público asistente como identificar un ictus, como actuar perante a súa irrupción, déronse instrucións sobre como previlo, etc.
O ciclo de cursos contou cunha asistencia total de máis de 200 persoas, moitas delas con dano cerebral, que se amosaron satisfeitas dos coñecementos adquiridos nos obradoiros.
A Federación Galega de Dano Cerebral constituíuse en 2007 polas cinco asociacións que traballan en Galicia: ADACECO na Coruña, ADACE en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago. O obxectivo da Federación é contar cunha plataforma común de interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas afectadas polo dano cerebral en Galicia.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



