O Valadouro, 2 de xuño de 2013.- O alcalde do Valadouro e cabeza de lista do PP a formación política máis votada nas pasadas eleccións municipais, José Manuel Lamela considera que as continuas saídas de ton do BNG amosan que esta formación política nacionalista se cre por riba dos intereses dos veciños do Valadouro e lamenta o papel xogado polo BNG cómplice necesario do maior atropelo acontecido nunha administración local democrática nos últimos anos.
MOCIÓN DE CONFIANZA A INICIATIVA PROPIA
José Manuel Lamela aclara que presentou a cuestión de confianza por iniciativa propia, movido por unha actuación responsable, e consciente de que O Valadouro e os intereses dos seus veciños non merecían o bloqueo da oposición aos orzamentos e con elo, ao instrumento que dá a posibilidade de xerar novos investimentos e impulsar novos proxectos na localidade. O rexedor quere deixar moi claro que non recibiu consello algún ou presión por parte de ninguén para presentar esta cuestión de confianza, nin de Balseiro, nin de o PP a nivel provincial, que sempre apoiaron cada unha das decisións que adoptou en plena liberdade e responsabilidade. O único que lle fallou foi quen non cumpriu coa palabra dada e en ningún caso estaba no meu partido.
UN BNG SEN ARGUMENTOS E SEN RESPOSTAS
José Manuel Lamela cre que o comportamento máis negativo e pernicioso neste concello está de man do BNG por canto é o cómplice necesario para que prosperen as artimañas do futuro bipartito. Considera tamén que salvo insultos e descualificacións persoais, nas que unha e outra vez incorren, desde o BNG non foron capaces de dar resposta a unha soa pregunta das moitas que veciños e o PP realizaban aos nacionalistas: por que o BNG decidide apoiar a un novo goberno máis débil e máis fragmentado que o anterior, por que permiten que naza un goberno cun programa oculto aos veciños e no que PSOE e Udival desconfían un doutro, e por que apoian incondicionalmente a un goberno que decide poñer prezo á alcaldía e gobernabilidade do Valadouro.
EXPLICACIÓNS A NIVEL GALEGO
Neste mesmo senso, Lamela considera tamén que os nacionalistas a nivel autonómico debería dar explicacións sobre a negativa a apoiar unha moción na que se pide que non se condicione economicamente a gobernabilidade do concello. De feito asegura que o BNG neste cuestión ten un comportamento contraditorio: No documento notarial negáronse a asinar a cláusula dos 100.000 euros pero cando chega a hora de verdade non votan en contra delo, como aconteceu o pasado venres coa moción no concello.
25 ANOS DE GOBERNOS POPULARES ELIXIDOS POLOS VECIÑOS
Lamela lembra tamén que o que os nacionalistas cualifican como 25 anos de desgobernos populares son os representantes políticos que nestes últimos anos foron elixidos directa e democraticamente polos veciños e polo tanto, que cuestionar o que os propios veciños elixen -ademais con amplas maiorías ata o momento- dá mostra dun sectarismo político absolutamente desfasado, pois insisten, no BNG non poden crese por riba do que os veciños deciden ou votan.
PREVÉ UN RELEVO NO BNG
Finalmente Lamela insiste en poñer de relevo o comportamento do BNG que non só decide condicionar o voto do seu partido na moción de censura se non de que ademais decide como debe votar o actual concelleiro ou o edil que no futuro o substitúa, isto é, abre a porta ao relevo deste concelleiro. O alcalde insiste en que, a pesar da imaxe que pretendan transmitir desde o BNG, os propios veciños son conscientes de que ante este tipo de comportamentos hai bastante división e diverxencias internas no seno da formación política nacionalista.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



