Burela, 19 de xuño de 2013. O alcalde burelés, José María González Barcia, e o capitán marítimo, José Angel Iglesias Durán, mantiveron hoxe no Concello a primeira reunión oficial, á que asistiu a concelleira delegada de Mar, Patricia López Eijo.
Na xuntanza o alcalde e o capitán estableceron fórmulas de colaboración entre Concello e Capitanía. Barcia e Iglesias pretenden que a cidadanía teña un coñecemento amplo sobre os cometidos e funcións que ten Capitanía Marítima. Así, está previsto contactar cos centros e ensino da localidade para que inclúan dentro das súas actividades a visita ás dependencias de Capitanía e ás de Salvamento Marítimo, de cara á formar e informar á poboación escolar. Tamén se ofertará esta visita ós centros de ensino de outras localidades que contacten co Concello para organizar excusións.
Nesta labor de difusión, podería entrar a asociación de veciños O Vencello, para poder organizar visitas de persoas adultas ás dependencias de Capitanía. Igualmente, de forma periódica se organizarán xornadas de portas abertas.
Na reunión tamén se abordaron os asuntos que máis preocupan ó sector. Neste senso, o rexedor burelés, que lembrou a especial relación existente entre o Concello e o sector pesqueiro, solicitou do Capitán Marítimo “a máxima colaboración co mundo da pesca, para, dentro da normativa vixente, obviamente, facilitar o traballo das empresas e dos profesionais do mar”.
González Barcia e Iglesias López valoraron de forma moi positiva a reunión. A partires de agora, este tipo de contactos se regularizarán e será López Eijo, a concelleira do Mar, a que aborde as cuestións do día a día co responsable da Capitanía Marítima.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



