1.- O Grupo Local do Partido Popular cumprindo coa súa labor de oposición viuse obrigado a denunciar e facer públicos diferentes erros cometidos polo equipo de goberno do Concello de Mondoñedo froito dunha xestión despreocupada que está a dar como resultado unha situación caótica na facenda local.
2.- O Concello de Mondoñedo resultou sancionado pola Axencia Tributaria por non ingresar as retencións a conta do IRPF das nóminas dos traballadores durante o exercicio 2010, e pola Xefatura Provincial de Tráfico por circular cun vehículo cuxos neumáticos non presentan debuxo nas ranuras principais da banda de rodamento.
3.- Asemade, o descontrol de Orlando González provoca que as obras do Vilar non conten coa correspondente autorización urbanística, ao igual que o Centro da Interpretación da Cova do Rei Cintolo que non ten a oportuna autorización autonómica, a pesar de que as obras xa están comezadas.
4.- Ante esta situación, o PP local pídelle ao equipo de goberno que SOLUCIONE OS PROBLEMAS DO PRESENTE, que son a súa responsabilidade, sen escudarse en desculpas do pasado.
5.- O BNG e o PSOE no Concello de Mondoñedo teñen a obriga de GOBERNAR, e deben saber que os erros do pasado –no caso de que existisen- non xustifican os presentes.
6.- O PP local lamenta que o equipo de goberno de Mondoñedo e con el o rexedor local, Orlando González, estea a amosar unha actitude que semella estar máis preocupado de buscar errores pasados, que de resolver os problemas presentes.
7.- De ser certos eses erros, polos que xa tería pagado o Partido Popular as súas consecuencias, e dos que tanto alardea o equipo de Goberno; a responsabilidade do bipartito é a de non cometelos, e agora o seu deber sería dar explicacións aos mindonienses, que ao final son os que asumen os custes da mala xestión do goberno local.
8.- Polo tanto, o pp local esixe ao bipartito local que GOBERNE, que traballe a prol dos intereses dos mindonienses e que deixe de escudarse en posibles problemas pasados.
Comunicado do PP de Mondoñedo























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.