A Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa pon en activo o Servizo de Normalización Lingüística, creado no 2012, coa finalidade de promocionar e normalizar o uso da lingua galega na Mariña Lucense. O servizo contará coa planificación de diferentes actividades dinamizadoras (de formación, asesoramento, de sensibilización lingüística…), e axudará a incrementar o uso e o prestixio desta lingua tanto nas administracións locais como na cidadanía da comarca. Nos vindeiros días a técnico do Servizo visitará os 15 concellos mancomunados para presentar a súa programación e as liñas de actuación que se pretenden levar a cabo. A oficina do Servizo de Normalización Lingüística está situada na Casa da Cultura do Concello de Foz e o teléfono de contacto é o 982 140 675.
Normalización lingüística para os municipios da Mancomunidade
Normalización lingüística para os municipios da Mancomunidade
Relacionado
-
A interiorista coruñesa Adriana Janeiro instalou recentemente o seu estudo en Ribadeo co obxectivo de atender a clientes de diferentes lugares de Galicia e Asturias
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores sen permiso de conducir no termo de Lourenzá
-
Este venres comeza unha nova edición da Ruta de Pinchos do Vicedo