A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o seu festival de fin de curso o sábado 22 ás 18.00 h no Auditorio Hernán Naval con entrada de balde. E o Teatro de Ribadeo acollerá un concerto do Coro do Centro Galego de Vitoria-Gasteiz, coa participación da Coral Polifónica de Ribadeo o domingo 23 de xuño ás 20.30 h baixo un coste pola entrada de 2 euros. Por outra banda, a OMIC de Ribadeo acolle dende este venres 21 de xuño ata o 7 de xullo unha exposición de debuxos do Carrabouxo organizada pola A.C. Francisco Lanza.
Axenda cultural de Ribadeo para a fin de semana
Axenda cultural de Ribadeo para a fin de semana
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional