Dende o Grupo Municipal Socialista focense en vista do estado actual que presenta a sinalización dos barrios e parroquias do noso Concello, xa que moitos dos indicadores están rotos, deteriorados ou mesmo se atopan caídos, e o actual Equipo de Goberno municipal non é capaz de recuperalos e nin tan sequera de levantalos, presentamos unha moción para o seu debate e aprobación ante o Pleno da Corporación, coa finalidade de instar á Xunta de Galicia para que, a través da Consellería de Medio Rural ou do organismo, no seu caso, competente, colabore na recuperación e mantemento da sinalización dos barrios e parroquias do Concello de Foz, pois no Grupo Socialista consideramos fundamental que dende o goberno local se trate de manter e conservar os indicadores existentes, xa que non son quen de melloralos.
O PSOE de Foz presentou unha moción instando á Xunta a colaborar na recuperación da sinalización dos barrios e parroquias
O PSOE de Foz presentou unha moción instando á Xunta a colaborar na recuperación da sinalización dos barrios e parroquias
Relacionado
-
O PP afirma que en só 4 días de abril resolvéronse 7 reclamacións por danos en vehículos producidos polo “nefasto mantemento” das estradas da Deputación
-
O Grupo Socialista censura que o BNG busque “atallos” á lei para deixar Altri sen axudas e que o PP esixa subvencións “a toda costa”
-
Rural da Vicepresidencia da Deputación organizará máis de 200 actividades formativas na cuarta edición do programa “Da Escola á Granxa”