Lugo, 26 de xuño de 2013. O director xeral de Industria Agroalimentaria do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (MAGRAMA), Fernando Burgaz, presidiu esta mañá a reunión do Padroado da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo –CETAL-, acompañado polo director xeral da citada fundación, Javier López Viana. Na mesma presentouse e analizouse o estado de execución do Plan de actuación 2013, fixado no Padroado do 27 de xuño do ano pasado. Dende esa data desenvolvéronse varias actuacións nas catro liñas prioritarias do Plan: sector lácteo, control da calidade do aceite de oliva, seguridade alimentaria e mellora xenética.
No ámbito do sector lácteo, subscribiuse un convenio coa Interprofesional Láctea (INLAC) para a realización dun estudio de viabilidade da implantación dun sistema integral de autocontrol, cun calendario de execución previsto de xullo a novembro. Así mesmo, o CETAL está revisando co MAGRAMA o modelo de informe mensual provisional que elaborou en calidade de organismo encargado do Observatorio Nacional de Prezos no sector lácteo. Tamén a Fundación deseñou e lanzou a marca “Productos Lácteos Sostenibles”.
Productos Lácteos Sostenibles
Hai que recordar que o pasado 12 de febreiro deste ano, 14 industrias lácteas, 9 empresas da distribución e o MAGRAMA asinaron o Convenio de colaboración para a implantación e desenvolvemento dun programa de produtos lácteos sostibles. O obxectivo é cooperar e colaborar a favor do sector lácteo para lograr un funcionamento eficiente e sostible das cadeas de valor do leite e os produtos lácteos, mellorando a percepción do consumidor dos produtos lácteos como produtos de alto valor nutritivo e de calidade, mediante os instrumentos promocionais adecuados, e garantindo a sustentabilidade a longo prazo do sector.
Coa posta en marcha deste programa, o Ministerio busca garantir a sustentabilidade do sector e retribuír, de maneira proporcionada, o valor que engaden todos e cada un dos compoñentes da cadea de subministro de leite e produtos lácteos, seguindo os principios do comercio responsable.
Control de calidade do aceite de oliva
Respecto á segunda liña de actuación do CETAL, asinouse un convenio co MAGRAMA para comezar o estudo e a caracterización da calidade do aceite de oliva virxe, e estase realizando coa Universidade Politécnica de Madrid, e coa colaboración do centro de investigación IRSTEA – ITAP de Montpellier (Francia), o estudo de tecnoloxías instrumentais non destrutivas aplicadas á determinación da calidade do aceite de oliva virxe.
Seguridade alimentaria
O avance do Plan 2013 en materia de seguridade alimentaria concretouse a través do inicio dos trámites para a instalación do Laboratorio de Seguridade Alimentaria para o diagnóstico dos principais patóxenos bacterianos de transmisión alimentaria (LSA-CETAL). Actualmente estase estudando a aprobación da proposta de monitoreo microbiolóxico na produción primaria de alimentos vexetais en España (tomates, pepinos e leitugas).
Por último, o CETAL mantivo reunións coa Dirección General de Producciones y Mercados Agrarios e coa Secretaría General de Medios de Producción Ganaderos para pechar o cronograma de 2014 de actuacións en mellora xenética, a implantar en colaboración co MAGRAMA.




















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



