Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Antón Sánchez, esixe a inmediata dimisión do conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas da Xunta do PP, Agustín Hernández, logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza anulase a legalización masiva de vivendas en Barreiros. A sentencia indica que o Goberno do PP incorreu en desviación de poder ao aprobar, en maio de 2011, un plan de incidencia supramunicipal cuxo único interese era dotar de servizos núcleos de urbanización en San Cosme, San Pedro, San Miguel e Reinante. É dicir, trataba de legalizar fraudulentamente unha das maiores desfeitas urbanísticas de Galicia, perpetrada xustamente polos populares ao mando en Barreiros.
No pequeno concello de Barreiros, na Mariña lucense, o goberno local deu licenzas para construír 5.800 vivendas, boa parte delas declaradas ilegais por diferentes sentenzas. Foi talvez a maior e máis agresiva actuación urbanística na costa galega dos últimos anos. A Xunta, a través do departamento de Agustín Hernández, inxectou cartos públicos para asegurarlles infraestruturas a un parque de casas edificadas sen planificación e xuridicamente cuestionadas. Tamén retirou as demandas contra o concello que presentara o bipartito.
Agora, tras unha unha denuncia presentada pola asociación ecoloxista Adega, o Superior bota abaixo a acción do Goberno do señor Núñez e critica duramente os seus argumentos e os da Deputación de Lugo –persoada como codemandada- e afirma que non había supramunicipalidade no plan nin continuidade do proceso edificatorio ilegal. Por iso, para o deputado Antón Sánchez a única saída posíbel para unha desfeita destas proporcións comeza coa dimisión inmediata de Agustín Hernández.

















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



