Lugo, 26 de xuño de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou, esta mañá, na presentación do Campionato de Galicia Maratón BTT, organizado polo Club Ciclista Monforte en colaboración coa área de Deporte do organismo provincial e a Federación Galega de Ciclismo. Tamén participaron no acto de presentación o alcalde de Pobra de Brollón, Xosé Lois Maceda, o concelleiro de Deportes, Ricardo Rodicio, e o corredor Pablo Paz, campión galego na modalidade de rallie, que acudiu en representación do club organizador.
Esta proba de Ciclismo Montaña XC-Maratón, que dará comezo ás 9:30 horas do vindeiro domingo, 30 de xuño, transcorrerá pola localidade de Pobra de Brollón e terá un percorrido de 60 quilómetros no que se calcula participarán entre 150 e 200 ciclistas. Trátase dun trazado que destaca pola súa dureza e unha dificultade física moi alta.
Durante a súa intervención, Antonio Veiga destacou a “aposta decidida da área de Deporte da Deputación e do Concello de Pobra de Brollón por este tipo de probas que, ademais de promocionar unha deporte como é o ciclismo, serven para impulsar o turismo e a economía da provincia, neste caso concreto o da zona sur de Lugo, que reúne unhas condicións orográficas e paisaxísticas idóneas para a práctica desta disciplina”.
Paralelamente desenvolverase a IV Marcha de “Sendas Verdes da Pobra”, unha cita non competitiva e de carácter lúdico na que se percorren catro rutas de diferentes niveis físicos e técnicos adaptados aos diferentes usuarios da bicicleta de montaña: a Ruta de Pobra do Brollón, a Ruta da Ferreirúa, a Ruta de Salcedo e a Ruta da Serra da Auga Lavada.




















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.