Regal Xunqueira acollerá o sábado 29 un novo curso de cerámica Raku e paella de marisco. Así, coceranse as pezas do día anterior e faranse outras novas. Despois Riveira cociñará unha paella de marisco para mais de 30 persoas con 15 quilos de marisco (nécoras, centolas…) por doazón de Pupo. Rakú é unha técnica decorativa usada en cerámica que ten as súas orixes nas civilizacións xaponesa e chinesa. A combustión de materias orgánicas produce unha reacción química entre os gases da combustión e o osíxeno do forno. Ao estar o recipiente pechado non hai suficiente osíxeno para que se produza a combustión, así que, o carbono e os gases liberados tratasen de buscar osíxeno e farano colléndoo dos óxidos cos que as pezas cerámicas están decoradas. O cambio químico que se produce nas pezas debido á perda de osíxeno denomínase “reducción” (Rakú). As pezas reducidas cambian de cor formando unha irisación metálica.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



