Burela, 27 de xuño de 2013. A comunidade de montes en man común e o Concello de Burela presentaron denuncia esta mañá diante da Garda Civil tras o roubo e os danos causados na área recreativa do Monte Castelo, segundo manifestou o alcalde.
José María González Barcia dixo que “a denuncia foi presentada polo roubo de pedras de varios bancos da área recreativa do Monte Castelo. A semana pasada detectouse que faltaba a parte superior de varios bancos, presuntamente foron arrincadas con elementos mecánicos e estou completamente seguro de que estarán adornando algunha vivenda ao mellor non moi lonxe de aquí”.O rexedor burelés sinalou que “tamén denunciamos o roubo de elementos da zona de xogos que está ao lado do edificio do bar da devandita área recreativa”.
O alcalde explicou que “o que roubaron foron tres pedras de grandes dimensións, ademais os tres bancos quedaron desfeitos. Queremos que a Garda Civil investigue os feitos e a ser posible dar cos responsables dos mesmos, porque entendemos que se está a danar un patrimonio de todos os cidadáns deste concello”.
González Barcia anunciou que “durante este verán incrementaremos a vixianza no Monte Castelo porque se vai proceder á contratación dunha brigada contra incendios formada por cinco persoas, grazas a un convenio asinado coa Xunta de Galicia que terán como labor fundamental, a parte da loita contra os lumes, a de manter a área recreativa do Monte Castelo nunhas condicións óptimas”.
O rexedor de Burela engadiu que “non estamos dispostos a tolerar que desaprensivos poidan roubar elementos deste entorno que teñen un valor considerable. Nós valoramos os danos causados nuns 3.00 euros, que terán que saír dos petos de todos os cidadáns deste concello para poder arranxar eses desperfectos. O que queremos é que, si se procede á localización e identificación das persoas que cometeron este roubo, paguen e que nos resarzan dun dano que é importante”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



