San Cibrao (Cervo), 27 de xuño de 2013.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou hoxe o IES Marqués de Sargadelos, en San Cibrao (Cervo), no que estes días se gradúan unha vintena de técnicos en Química Industrial despois de ter realizado os tres últimos módulos formativos na planta industrial de Alcoa.
A delegada subliñou o éxito da colaboración entre o centro e a planta industrial, “que significa que os alumnos saen moito mellor preparados nos aspectos prácticos da súa profesión; permítelles adaptarse mellor ao seu ámbito laboral, adquirir madurez profesional e completar os coñecementos relacionados coa actividade produtiva”.
Este programa formativo é froito dun convenio entre Alcoa e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e supón un precedente da formación profesional dual que se está empezando a implantar en Galicia. Ao respecto, Arias defendeu que a formación en empresas “facilita a inserción sociolaboral dos alumnos”.
Na súa visita, a delegada estivo acompañada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quen destacou a importancia que ten este ciclo superior “para o instituto e mesmo para o concello”, subliñando que ofrece unha formación de calidade axustada aos requirimentos do mercado laboral.
Os estudantes de Química Industrial do IES Marqués de Sargadelos, deberon superar unha formación práctica de 15 días na factoría da alúmina, onde tiveron a oportunidade de coñecer de cerca o funcionamento dunha planta Industrial e a aplicación práctica de procesos químicos.
As competencias neste ciclo consisten en organizar e controlar as operacións das plantas de proceso químico, de coxeneración de enerxía e servizos auxiliares asociados. Por iso, o alumnado recibe tamén, no segundo curso, 75 horas de formación na planta en lazos de control, mostraxe e recuperación de enerxía, e mesmo ten a posibilidade de realizar en Alcoa as 384 horas de formación.
Neste último tramo da súa formación, os alumnos recorreron as instalacións do complexo industrial para coñecer os equipos e as operación unitarias de produción da alúmina a partir da súa materia prima, a bauxita. Estudando o Proceso Bayer, puideron completar a formación teórica adquirida nas aulas de operacións básicas como filtración, precipitación, evaporación, e outras auxiliares como a produción de vapor, intercambio de calor e sistema de bombeo.
Así mesmo, recibiron un manual de formación elaborado expresamente por responsables dos distintos departamentos da factoría para facilitar o correcto desenvolvemento das prácticas así como o seu aproveitamento.
Raquel Arias agradeceu a implicación de Alcoa no proxecto formativo do IES de San Cibrao e, en xeral, o seu compromiso coa mocidade do concello a través do apoio ao centro educativo, que dispón dun laboratorio de enerxías renovables financiado pola Fundación Alcoa.
A delegada subliñou o esforzo da Consellería de Cultura e Educación por reforzar a formación profesional con iniciativas como a formación en empresas, a introdución de novas titulacións, os ciclos de ensinanza a distancia ou a creación de Centros Integrados de Formación Profesional, “atendendo á demanda deste tipo de ensinanzas, dando resposta ás necesidades dos sectores produtivos e aos intereses da cidadanía”.
De feito, o departamento educativo da Xunta de Galicia incrementou a oferta de FP para o vindeiro curso na provincia en 4 ciclos, o que suporá 127 novas prazas a disposición da cidadanía. En total na provincia ofértanse 3.378 prazas (o que representa un 3,1% máis que no curso 2012-1013).























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



