Santiago, 1 de xullo de 2013.- A elaboración do plan de xestión do polbo fíxose con responsabilidade e rigor para acadar a sustentabilidade do recurso e do sector. Así o explicou este mediodía en Santiago o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, quen incidiu en que o plan da campaña 2013-2014 se adoptou tras comprobar que a situación do polbo non é satisfactoria, tanto dende o punto de vista biolóxico como dende o da rendibilidade da pesquería. Isto fai necesario, sinalou, adoptar medidas para garantir a sustentabilidade futura, tanto do recurso coma do sector dedicado a súa explotación.
Neste sentido, o secretario xeral do Mar destacou que dende o 2010 se rexistra unha diminución na cantidade de capturas deste cefalópodo e no seu valor económico. De feito, no ano 2010 descargáronse nas lonxas máis de 3.200 toneladas de polbo. No 2011 baixaron a 2.500 toneladas e no 2012 só se pescaron 1.800.
Juan Maneiro salientou que para acadar mellor rendibilidade do recurso tanto biolóxica como económica foi necesario adoptar medidas a través do plan de xestión do polbo que teñen dous ámbitos de aplicación. Por unha banda, o control da actividade extractiva no mar e pola outra nos procesos de comercialización e transformación, xa que as cifras amosan que “non foron os anos nos que máis se pescaron os que máis valor económico se obtivo”. De feito o sector facturou máis de 16 millóns de euros en 2011 tendo pescado 800.000 quilos menos que en 2010.
Juan Maneiro citou como principais medidas do plan os precintos que deben levar as nasas para controlar o exceso destas artes no mar, os horarios de traballo -especialmente o de saída ao mar- e o establecemento dun programa de seguimento e control. Este programa, puntualizou Maneiro, incide especialmente no control do embarque de nasas e da actividade. Tamén no eido da comercialización a través do seguimento específico nos puntos de desembarco e do control na hostelería e no ámbito da transformación.
Plan dialogado co sector
En relación ao consenso do plan, Juan Maneiro, salientou que foi dialogado co sector a través de varias xuntanzas coas Federacións provinciais de confrarías. Explicou ademais que se creou un grupo de traballo na Federación Provincial de Pontevedra para analizar o plan e que, unha vez aprobado, a propia conselleira do Medio Rural e do Mar mantivo dúas reunións coa Federación Provincial da Coruña.
Sobre as modificacións propostas polo sector, Juan Maneiro, informou que as demandas fundamentadas foron aceptadas. Neste sentido, en relación á controversia suscitada pola obriga de utilizar os precintos para o control das nasas, sentenciou que a responsabilidade da administración galega é velar polo cumprimento da legalidade e que este aspecto “está fóra de toda discusión”.
Outro dos aspectos controvertidos do plan ao que se referiu Juan Maneiro foi o réxime de calamento das nasas na ría de Arousa no que incidiu que se volve á situación de “toda a vida”, á anterior aos dous últimos anos. Este cambio fixérase inicialmente atendendo a unha suxestión do sector, pero, explicou o secretario xeral de Mar, os resultados non foron satisfactorios. Ademais sinalou que este réxime de calado recolle as peculiaridades das Rías Baixas para este arte, feito que non é nada novo.
O secretario xeral lamentou os acontecementos e condutas violentas que se sucederon ao longo desta mañá e sinalou que a Consellería do Medio Rural e do Mar está a ter constancia a través de varias confrarías de coaccións en distintos portos para que a xente non saia ao mar. Citou en concreto un caso no porto de Bueu. Neste sentido, amosou o seu respecto á manifestación e ao dereito á liberdade de expresión daqueles que non están de acordo co plan, pero sempre que sexa de xeito pacífico e tamén lamentou que a aqueles que desexen exercer a actividade se lle estea impedindo.





















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



