Santiago, 20 de xullo de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de rematar os traballos de conservación no rego de Bravos, no Concello de Ourol. Estas actuacións están enmarcadas no Programa de mantemento, conservación e mellora do Dominio Público Hidráulico das bacías de Galicia- Costa e as súas zonas de acceso e protección.
A Xunta de Galicia destinou preto de 7.000 euros a estas accións de mellora do río lucense e o entorno que o rodea.
Os traballos, que se levaron a cabo sobre 400 metros do citado río, centráronse na retirada de atascos formados tanto no regato coma no seu entorno. Tamén se eliminaron árbores e pólas caídas no leito ata a desembocadura no río.
Nas seguintes imaxes pódese apreciar o estado inicial e o actual, tras a realización destas actuacións de mellora.