José Manuel Lamela.- O Partido Popular do Valadouro dixo NON aos orzamentos municipais que o novo goberno local propuxo na última sesión plenaria. Con todo, as contas foron aprobadas inicialmente polos concelleiros do PSOE, Udival e BNG, e o rexeitamento do grupo político máis votado: o popular.
Nós defendemos que para O Valadouro é positivo que o Concello conte con este instrumento de planificación económica e contable. Aceptamos incluso gran parte dese orzamento xa que as contas só varían en menos dun 2% en relación co proxecto que presentamos ata en tres ocasións, cando eramos nós os que tíñamos a responsabilidade de goberno.
Pero precisamente no pouco que varía, apreciamos unha filosofía que non podemos compartir. Pois as forzas do bipartito, en compañía do seu curioso aliado o BNG, veñen a dicirnos algo así como “antes festas que emprego” e a consolidar o nomeamento a dedo dun coordinador-asesor.
Foi no último pleno cando non tiveron problemas en incrementar en máis dun 22% a partida dedicada a festexos populares, mentres rexeitan a emenda do PP na que pedíamos a inclusión no orzamento dun plan de emprego. O cando crearon –co conseguinte soldo- a figura dese asesor nomeado a dedo para coordinar as concellarías de Udival. Miran polo seu pero, en cambio, votan NON ás propostas do PP destinadas a xerar novas oportunidades de traballo para os nosos veciños, en especial para todos aqueles que pola súa idade ou formación teñen menos oportunidades de inserción no mercado laboral e precisan do apoio do seu concello.
Os veciños do Valadouro teñen dereito a saber que o seu novo alcalde, levaba dous anos boicoteando unhas contas por puro sectarismo, xa que estaba de acordo co destino de 98 de cada 100 euros. Os veciños do Valadouro teñen dereito a saber que as prioridades do bipartito son outras. Quizá aqueles compromisos inconfesables que aparecen no pacto asinado ante notario e que a día de hoxe seguen ocultando a veciños e medios de comunicación. Quizá, as súas prioridades sexan eso, un asesor, máis festas, e menos emprego. Mal empezamos.
José Manuel Lamela, exalcalde e portavoz do Grupo Popular do Valadouro



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



