O martes 23 de xullo ás 12:30 h. a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presidirá a presentación da Memoria de Actividades do 2012 dos Centros que as Hijas del Divino Celo-Rogacionistas teñen en Burela. Nesta memoria recóllense datos dos tres centros que traballan nos ámbitos da protección de menores, o Centro de Día e a Casa de Familia San Aníbal, xunto co Centro de Acollida e Inclusión Social María Nazarena. No ano 2012 atendéronse de forma directa a 37 persoas (29 nos Centros de Protección e 8 no Centro de Acollida) e tendo en conta a atención prestada ás súas familias hai que contar con outro cento de beneficiarios. Ao longo do ano invertiuse algo máis de 500 mil euros, sendo un ano moi especial; xa que se conseguiu que a Mariña contase cun novo recurso, a Casa de Familia, onde todos os seus usuarios son dos concellos da zona, evitando que tivesen que atendérselles en Lugo, facendo moito máis difícil o retorno ás súas familias biolóxicas.






















O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



