Ribadeo, 23 de xullo de 2013. O segundo festival de Jazz&Blues de Ribadeo terá lugar os días 26 e 27 de xullo no auditorio Hernán Naval, cun cartel difícil de ver na Mariña, segundo os promotores do mesmo.
A concelleira de Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra, sinalou durante a presentación que tivo lugar esta mañá no salón de plenos do Concello que “é un proxecto que se iniciou o ano pasado dunha maneira máis modesta para poder arrancar, pero eu creo que o cartel deste ano é xa para consolidar o evento”.
A edil nacionalista dixo que “poñemos o noso apoio para que se poida levar adiante e agradecémoslle a Fernando Martínez e a Rafael Monteavaro que pensaran na vila de Ribadeo e que se puxeran en contacto con nós”.
Na presentación do festival estivo un dos seus organizadores, Fernando Martínez, quen detallou que o venres 26 no auditorio municipal contarase “a partir das 21:30 horas da noite con Jorge Pardo Quartet, que é unha figura moi contrastada do mundo do jazz e flamenco, colaborador de Chic Korea ou Paco de Lucía, e ven presentando o seu espectáculo Huellas. O día anterior vai a estar no Festival de Jazz de San Sebastián como cabeza de cartel e foi premiado este ano coma Mellor Músico Europeo de Jazz da Academia Francesa”. Ese mesmo día tamén vai a estar en Ribadeo Blues & Decker, “unha banda cunha grande proxección a nivel nacional, de Asturias. É unha banda nova, que este ano estivo hai uns días no Festival de Blues de Bejar”.
Os concertos do sábado 27, como contaba Fernando Martínez, “estarán máis enfocados ao blues, coa Vargas Blues Band, que creo que todo o mundo coñece a Javier Vargas, que colaborou con xente como Carlos Santana e que ten máis de 20 anos de traxectoria. Teremos tamén unha Big Band, con vinte músicos, máis centrada no swing, e que está dirixida por Bobby Martínez, un músico norteamericano afincado en España”.
As entradas, ademais de poder adquirirse na páxina web www.codetickets.com poderán mercarse na Oficina de Cultura de Ribadeo. Isto débese, como indicaba a concelleira, “a que hai moita xente que está chamando que ten problemas pola vía telemática para poder facela e que non se quere arriscar a collela ese día na taquilla por se acaso non vai poder asistir. Por isto habilitamos un horario na Oficina de Cultura para que en horario de 8:00 a 12:00 horas da mañá e de 14:00 as 15:00 horas poidan pasarse por alí e adquirir anticipadamente esas entradas”. O prezo das mesmas é de 15 euros por día, pero tamén existe un abono para os dous días que se pode adquirir por dez euros máis, é dicir por 25 euros. O mesmo día do comezo do festival, a taquilla estará aberta dende as sete e media para poñer a disposición do público as entradas que aínda non se venderan, que estarán numeradas debido ao existente aforo limitado.
O promotor considera que é “un programa moi interesante que non é doado ver na Mariña” e declara que “a intención é ir mellorando e conseguir que se consolide pouco a pouco. Ese é o noso obxectivo principal”.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



