O Valadouro, 23 de xullo de 2013.- De novo a terraza da cafetería que rexenta a tenente de alcalde do Valadouro, María José Fernandez, volve a ser actualidade xa que lonxe de corrixir as deficiencias denunciadas polo Grupo Municipal Popular acumula novas irregularidades, neste caso, coa complicidade do Concello, que parece non querer ver o que está acontecendo.
Os populares denunciaron hoxe que para instalar a tarima obrigatoria coa que, segundo a ordenanza municipal debe contar esta terraza, María José Fernández decidiu suprimir un paso rebaixado de minusválidos, realizando a obra de taponamento correspondente, e inhabilitou parte dun paso de peóns, cuxa sinalización no chan foi parcialmente borrada.
Parece ser que a tenente de alcalde do Valadouro pensa que a rúa é súa e que pode facer e desfacer ao seu antollo, pero o que é máis grave, decide facelo alterando beirarrúas e os pasos de peóns e accesos rebaixados para discapacitados.
O Partido Popular considera que a tenente de alcalde do Valadouro está a recibir un trato de favor polo Concello, xa que dubidan que un comportamento similar puidera permitirse a calquera outro propietario dunha cafetería ou veciño, que con toda seguridade recibiría a sanción correspondente. Dáse a circunstancia ademais de que UDIVAL, o partido político que preside María José Fernández, xestiona a área de Obras do Concello. Desde o PP finalmente din que calquera veciño pode comprobar que as denuncias que están realizando son reais pasando por alí e comprobado as obras realizadas in situ.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



