A MARIÑA .- O PP de Burela propoñerá o xoves ó pleno da corporación municipal que apoie unha moción solicitando que “se reforce o cadro de persoal do helicóptero con base en Celeiro” para que conte con persoal operativo na base e “non como está a acontecer nestes momentos, nos que a tripulación está na base en horario de mañá”. Os populares alegan que “é fundamental por dous motivos: para o propio salvamento marítimo, e para os labores de apoio e participación directa que fai o propio helicóptero noutro accidentes”.
Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE BURELA
O PP de Burela pide que se reforce o persoal do Pesca II
No pleno do vindeiro xoves, o PP presenta unha moción sobre o Pesca II, na que se pide que se reforce o cadro de persoal do helicóptero con base en Celeiro, para que así se poida manter a operatividade permanente do aparato en condicións de resposta inmediata, e non como está a acontecer nestes momentos, nos que a tripulación está na base en horario de mañán.
Para os populares, tal operatividade permanente, e en condicións de seguridade para a propia tripulación, é fundamental por dous motivos: para o propio salvamento marítimo, e para os labores de apoio e participación directa que fai o propio helicóptero noutro accidentes.
Segundo o PP, a Xunta está desmantelando servicios que funcionaban bastante ben, e por riba está provocando unha desatención ós cidadáns; todo elo sen motivos aparentes, o que nos leva a pensar que non hai interés por parte da Xunta de velar polos dereitos dos veciños da Mariña.
En Burela, a vinteseis de Agosto de dous mil oito.


















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



