A Deputación de Lugo e o Club Náutico de Foz organizan un ano máis a Peregrinación Marítima de Cruceiros. Na xornada haberá bautismos de mar e unha regata para as embarcacións que desexen competir. O organismo provincial apoia esta iniciativa porque considera o evento unha boa oportunidade para promocionar o turismo de costa, que goza, cada vez máis, dunha grande aceptación entre o público.
Nas edicións anteriores a afluencia de persoas que se achegaron para desfrutar destas actividades marítimas foi moi elevada, esgotando todas as prazas ofertadas. Para a edición deste ano aínda quedan algunhas prazas libres. As embarcacións participantes así como o público que desexe seguir a xornada a bordo dos 3 barcos facilitados pola poden inscribirse poñendose en contacto directamente co Clube Náutico de Foz, no teléfono 982133609 ou por medio de correo electrónico en info@cnfoz.es. Poderán atopar máis información na web www.deputacionlugo.org.
Programación para a xornada
A Peregrinación arrincará o sábado 17 coa saída das embarcacións ás 9:30 e ás 11:30 horas dende os porto de Viveiro e Ribadeo respectivamente. No caso dos barcos que partan dende Viveiro, deberán pasar entre as 10:45 e 12:30 horas polo primeiro punto de control e entre as 14:45 e 16:00 horas polo segundo. No caso dos de Ribadeo, terán o primeiro punto de control situado en Illa Pancha, polo que deberán pasar entre as 12:00 e as 13:30 horas, e o segundo fronte á praia de San Cosme e punta Promontorio, polo que deberán pasar entre as 16:15 e as 16:45 horas. Os participantes deberán facer un percorrido que os levará a concentrarse finalmente fronte á ría de Foz antes das 17:30 horas. Ás 15:00 horas dará comezo unha regata con embarcacións que deberán estar a esta hora fronte a Ría de Foz.
As actividades rematarán no CENIMA, onde se celebrará, a partires das 20:30 horas, a tradicional entrega de agasallos institucionais ós participantes. Ademáis, os tres primeiros clasificados da regata recibirán trofeos conmemorativos. Finalmente, as embarcacións partirán o domingo 18 dende o porto de Foz cara ós seus lugares de procedencia.
O turismo náutico, en auxe
O turismo náutico supón un importante factor de crecemento a potenciar. Hai que ter en conta que a provincia lucense conta cunha situación estratéxica como punto de paso de embarcacións e cruceiros e con estupendas condicións de navegación nas rías; a localización dos seus portos nas inmediacións dos núcleos urbanos; os atractivos turísticos da zona, a gastronomía e a natureza son factores clave para axudar a un sector un auxe. Ademáis, o turismo náutico está intimamente ligado ó turismo de calidade e, polo tanto, é unha fonte de riqueza, que permite, ademáis, aproveitar de xeito sostible os recursos existentes da costa, respectando o medioambiente, un elemento fundamental para atraer a turistas á provincia de Lugo.
A Peregrinación Marítima de Cruceiros é unha das múltiples actividades que a Deputación de Lugo ten postas en marcha na Mariña, e que amosan as múltiples posibilidades da desestacionalización do turismo, a través das actividades de natureza, deporte ou medioambiente.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
