Ribadeo, 13 de agosto de 2013. Preto de 40 embarcacións se darán cita o vindeiro sábado, 17 de agosto, na VIII Concentración de Kaiak de Mar Praia das Catedrais, que organiza o club de piragüismo Altruán de Ribadeo co patrocinio da Concellaría de Deportes.
O presidente de Altruán, José Angel Fernández, explicou que “nós este ano a ruta tradicional de navegación que facemos propiamente oceánica entre a ría de Foz e La Caridad imos engadirlle o vindeiro sábado unha opción para a xente que non ten as destrezas adquiridas, pero si quere ao mellor iniciarse no piragüismo dunha forma moito menos complicada”. Haberá unha ruta para avanzados que discorrerá entre Viavélez e Ribadeo e outra denominada turística dentro da ría de Ribadeo, “compatible coa principal e enfocada para todo aquel que, sen ter a práctica e as destrezas que esixe unha ruta deste tipo, si quere aproximarse e facer que o deporte participativo sexa algo máis que un mero slogan ou unha mera frase”.
Ata unhas corenta embarcación se darán cita nesta VIII Concentración de Kaiak de Mar, “o que nos consolida coma unha das rutas de referencia de kaiak de mar que hai en Galicia e en todo o Cantábrico, sen quitarlle mérito á concentración de Malpica que terá lugar dentro dun par de semanas. Entre os inscritos hai unha rapaza que ven desde San Fernando (Cádiz), maior extensión de convocatoria é difícil”. Fernández engadiu que “é un deporte minoritario, que non elitista, ofrecemos un produto que é o noso litoral permitíndolle á xente aproximarse a el dunha forma máis novidosa e alternativa. É un recurso que explotamos porque a administración local sabe recoñecelo e grazas tamén ao esforzo e o compromiso persoal de moita xente que desinteresadamente permite que este tipo de iniciativas vaian para adiante”.
O concelleiro de Deportes, Vicente Castro, indicou que “nunca coma este ano houbo a actividade deportiva que se está a rexistrar en Ribadeo. Non lembro tal cousa. No caso do club de piragüismo Altruán nunca tampouco fixeron tantas actividades coma neste verán, e nunca tantos éxitos acadaron coma nestes meses. No seu momento faremos un acto institucional e público de recoñecemento a todos os logros conseguidos”. Sobre a VIII Concentración de Kaiak de Mar sinalou que “é unha proba que está consolidada, xa é unha cita tradicional no verán de Ribadeo”. Castro subliñou tamén “o traballo que se está a facer desde as escolas deportivas municipais co piragüismo, cunha participación substancial e que incorpora a rapaces novos á práctica dun deporte que é minoritario nunha vila mariñeira e cunha ría coma a de Ribadeo. Parece que vai tomando un novo pulo a práctica deste tipo de deportes”.
A VIII Concentración de Kaiak de Mar Praia das Catedrais dará comezo ás 11 da mañá en Viavélez. A hora estimada da chegada ao porto de Ribadeo será ás dúas e media.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
