O Valadouro, 06 de setembro de 2013.- O Grupo Municipal do Partido Popular asegurou hoxe que os veciños do Valadouro están a verse na obriga de pagar os “caprichos particulares” da tenente de alcalde e edil de Udival, María José Fernández. Fan pública esta denuncia logo de comprobar que unha empresa privada presentou, a cargo do Concello, unha factura por valor de preto de 1.000 euros (924,5€) polos traballos realizados para que María José Fernández “puidera colocar a terraza do establecemento hostaleiro que rexenta no lugar que máis lle conviña”.
O PP explica que as obras, “que terán que pagar todos os veciños”, consistiron na eliminación na beirarrúa dun paso rebaixado para minusválidos e no borrado –mediante o seu pintado en negro- da metade dun paso de peóns. Ambas actuacións tiñan por obxecto, insisten desde o PP, acondicionar este espazo público para deixalo ao gusto de María José Fernández e da súa cafetería.
NOVA IRREGULARIDADE
Os populares do Valadouro alertan dunha nova irregularidade que afecta a a terraza, que xa no pasado provocou as queixas dos veciños das que se fixeron eco desde o Partido Popular, logo de que todo o mundo puidera comprobar como a primeira instalación da terraza incumpría a ordenanza municipal vixente que é de obrigado cumprimento para o conxunto dos veciños. Daquela as denuncias do PP non serviron –que se teña coñecemento- para que se sancionara á tenente alcalde, pero si, obrigáronlle a corrixir as deficiencias. Unha vez máis é posible que esta terraza sexa obxecto de polémica ante a gravidade da nova denuncia efectuada polo PP.
INTERWSW PARTICULAR
Os populares non entenden como é posible que unha obra “de interese e utilidade particular” da concelleira de Udival “teña que pagala o Concello”, e tampouco que se contrate a unha empresa privada para realizar estes traballos “cando no Concello hai persoal –traballadores de albanelería- que poderían realizar estas obras”.
En todo caso, denuncian o “uso interesado” que está a realizar a edil de Udival dos recursos municipais, e sinalan unha vez máis que María José Fernández “se cre por riba do ben e do mal”.
QUE O ALCALDE ACTÚE
Finalmente instan ao alcalde a que teña a valentía de actuar e non permitir as continuas extralimitacións da súa número dous, evitando que o Concello pague esta obra e, sobre todo, realizando as xestións que estime necesarias para sancionar este tipo de condutas, “xa que –conclúen- non se pode facer un uso interesado e persoal dos recursos públicos que con esforzo pagan todos os veciños a través dos impostos.”

















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



