Santiago de Compostela, 18 de outubro de 13. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, considerou “unha broma de mal gusto” que o PP rexeite unha proposición non de Lei para garantir que o polbo de fora de Galicia “cumpra con tódalas garantías e non supoña competencia desleal”. Así o dixo na Comisión de Pesca do Parlamento, celebrada este venres.
O deputado socialista reclamou “control sobre o produto foráneo” xa que “non é normal que habendo menos polbo o prezo medio baixe”. Lembrou así que mentres en 2011 2,6 toneladas de polbo produciran 15 millóns de euros, en 2012 1,8 toneladas produciron 10,4 millóns, 4,5 menos, e entre o 1 de xaneiro e o 16 de outubro de 2013, con 1,3 toneladas se acadaron tan só 6 millóns de euros, 4,46 menos.
Sinalou que os profesionais do mar denuncian a incidencia do produto foráneo sen control nos nosos mercados, o que provoca que a escaseza de polbo en lugar de provocar a suba dos prezos estea a provocar a súa caída.
Dixo que esta situación evidencia o fracaso do Plan de Xestión do Polbo do goberno galego, mentres moitas embarcacións tiveron que parar coa súa actividade na pesca desta especie e “dedicarse a outras, moitas veces mais perigosas”. Advertiu “improvisación” demostrada pola Xunta e apuntou á toma de decisións sobre a duración das vedas ou cambios nos períodos de recrutamento en función de informes científicos.
Finalmente, reclamoulle ao goberno galego que comece a traballar xunto co sector na redacción do Plan de xestión para o ano vindeiro “para que non volvan a darse as vergoñentas escenas do pasado”.
Marrocos
O deputado socialista explicou ademais o voto en contra a unha iniciativa do PP para acadar a ratificación do acordo de pesca asinado entre a Unión Europea e Marrocos por considerar que dito acordo resulta “claramente insuficiente” para a flota galega, beneficiando a Andalucía e Canarias.
Advertiu que este acordo suporá un custe de 40 millóns de euros ao ano beneficiando tan só a 5 licenzas de pesca de arrastre para armadores galegos, non dando acollida a 20 barcos cefalopodeiros ós que o goberno expulsou de Mauritania. Val dixo que si en lugar de asinar o acordo o custe fora repartido entre os mariñeiros suporía un salario de 4.000 euros ao mes para cada un deles.






















Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



