Burela, 18 de outubro de 2013. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, agarda seguir contando coa axuda da Xunta de Galicia “para formar a máis desempregados e así axudar a mitigar a lacra do paro”. O rexedor e o concelleiro de Emprego, José Casas, acompañaron á delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, na visita cursada ao Centro de Formación Ocupacional burelés onde botou a andar un curso de monitor de deportivo.
González Barcia contou que “hoxe asistimos xunto coa delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, á posta en marcha do curso de monitor deportivo que se celebra nas instalacións do Centro de Formación Ocupacional do noso concello e que ten unha duración de 318 horas destinado para 15 alumnos”.
O rexedor declarou que “para nós a posta en marcha desta nova actividade de formación de desempregados é unha boa noticia, máxime tendo en conta que se está dirixindo a un ámbito de traballo, a un nicho de emprego que pode ser fundamental nos próximos anos. Sabemos e somos conscientes de que na zona e tamén aquí, en Burela, fan falta persoas cualificadas en canto ao mundo do deporte”.
O alcalde burelés recoñeceu “a sensibilidade da Xunta de Galicia no que se refire ao noso concello, porque con este xa son 5 os cursos que a Xunta subvenciona ao cen por cen en Burela. A través destes cinco cursos 75 persoas estiveron ou estanse formando na actualidade de cara a poder atopar traballo nos próximos meses. Nestes cursos, aparte da certificación acreditativa de ter feito o curso, que é un título homologado, entrégase tamén un certificado de profesionalidade”.
José Mª González Barcia tivo palabras de agradecemento para a Xunta de “nosoutros estamos enormemente agradecidos á Xunta porque estamos traballando coas persoas desempregadas en dous ámbitos fundamentais: por un lado, o da formación para facilitarlles o acceso ao mundo laboral; e por outro, a orientación laboral que facemos a través da orientadora laboral e da axente de emprego”.
O alcalde espera e confía “en que para o próximo ano o Concello de Burela siga recibindo subvencións da Xunta de Galicia co obxectivo de poder continuar nesta labor de formación de persoas desempregadas e así axudar a mitigar a lacra do paro”.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



