Cervo, 18 de outubro de 2013-A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Begoña Alonso, informou este venres da renovación e mellora de 200 puntos de luz en varias zonas de A Senra, Sargadelos e Río Covo. Uns lugares onde se instalaron novas lámpadas e equipos cunha tecnoloxía innovadora que contribúe á eficiencia enerxética. En concreto, substituíuse o tradicional alumeado de vapor de sodio de alta presión por lámpadas de haloxenuros metálicos.
Un novo sistema que permite reducir o consumo eléctrico ata nun 70%, o que implica por unha banda un aforro económico e pola outra unha redución dos niveis de contaminación. Deste xeito, os novos puntos de luz son máis respectuosos co medio ambiente sen que se vexa alterada a luminosidade.
Esta actuación, que está practicamente rematada, foi posible a través dunha subvención do Inega para a renovación da iluminación exterior, instituto dependente da Xunta de Galicia, que se encargou da maior parte do investimento, no que tamén colabora o Concello.
A edil de Medio Ambiente asegurou que actuacións coma esta “son muy positivas y necesarias, ya que con ellas se cumple un doble objetivo: rebajar el gasto eléctrico y la contaminación”. Ao mesmo tempo Alonso manifesta que “llevamos años invirtiendo en el ahorro y la eficiencia energética en el alumbrado público, una línea de trabajo que seguirá guiando nuestras actuaciones en esta materia”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



