Lugo, 24 de outubro de 2013. O vicepresidente da Deputación de Lugo e delegado de Benestar Social, Antonio Veiga, mantivo este xoves unha xuntanza co alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e a delegada de Servizos Sociais do municipio, Teresa Piñeiroa, na que lle trasladou que a Xunta de Goberno da institución provincial aprobará, na súa sesión de mañá venres, unha declaración de apoio á construción da residencia da terceira idade e o seu compromiso de colaborar economicamente neste proxecto en función do orzamento para o vindeiro ano e as posibilidades económicas da Deputación.
Durante o encontro, Antonio Veiga insistiu en que o ente provincial fará todo o que estea na súa man para que a residencia da terceira idade de Ribadeo estea rematada ao longo de 2015 e asegurou que “debe ser a Xunta de Galiza, e en concreto a consellería de Traballo e Benestar, a que agora mova ficha para que este proxecto tan necesario non só para este concello senón tamén para toda a Mariña Oriental, se converta nunha realidade. Estamos a falar dun proxecto fundamental para toda a comarca que ademais constitúe unha reivindicación de todos os veciños e veciñas como xa quedou demostrado coa elevada participación da veciñanza e colectivos de diversa índole na concentración convocada o pasado ano e que foi a manifestación máis multitudinaria de Ribadeo, na que máis de mil persoas reclamaron unha residencia da terceira idade no concello”.
Na mesma liña, o vicepresidente da Deputación incluso recordou que algúns membros do Partido Popular recoñeceron a importancia deste proxecto e aproveitou para invitalos a urxir ao Goberno galego, ao Goberno do seu partido, a que exprese con claridade o seu compromiso coa residencia da terceira idade de Ribadeo e a que incremente o orzamento que asegurou aportaría.
Esta infraestrutura, que está previsto construír na parcela onde se atopan as antigas vivendas de profesores e un dos inmóbeis colindantes, entre as rúas Paco Lanza e Alfredo Deaño, supón un investimento aproximado de 2,3 millóns de euros e está deseñada para atender a entre 44 e 46 usuarios e usuarias. Para Fernando Suárez, alcalde do municipio, “é unha cantidade inasumíbel para o concello, polo que precisamos da colaboración da Deputación e a Xunta de Galiza; só así se poderá satisfacer esta demanda veciñal. Grazas ao esforzo realizado pola Corporación Municipal, o compromiso que está a amosar a Deputación e esperemos que o Executivo galego decida incrementar a súa participación, estamos cada vez máis preto de que este proxecto se converta nunha realidade”.
Veiga lamentou “a falla de vontade que a Xunta de Galiza amosa para coordinar toda unha serie de políticas sociais e de benestar en favor dos lucenses e en particular a súa negativa a acordar un plan de residencias para dar cobertura á demanda das comarcas lucenses caracterizadas, ademais, polo avellentamento da súa poboación o que xustifica, tamén, a necesidade e urxencia deste tipo de instalacións. Co apoio ou non do Partido Popular, desde a Deputación Provincial traballaremos para que a comarca da Mariña dispoña dunha nova residencia en 2015.”









López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



