A Deputación de Lugo ratificou este xoves o seu apoio á Mariña coa sinatura dun convenio coa Asociación de Turismo Rural da Mariña (ATURMAR), pensado para promover o desenvolvemento de accións conxuntas de promoción da costa lucense. A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Presidente de ATURMAR, Manuel Vicente, asinaron este acordo de colaboración en virtude do cal a Deputación tamén cede, de xeito gratuíto, exemplares do libro Camiño do Mar, o primeiro publicado sobre esta ruta xacobea e do que o organismo provincial vén de tirar unha segunda edición de mil exemplares, logo de esgotar a primeira.
Esta colaboración directa supón, tal e como destacou Méndez, “un paso máis na aberta e clara aposta deste goberno provincial pola comarca mariñana, por potenciar todos os factores de crecemento que ofrece a través do desenvolvemento de accións que permitan reactivar a economía, xerar emprego e difundir a riqueza da Mariña, especialmente a través do turismo, un dos soportes fundamentais da economía mariñana, que dá emprego a máis de 3.500 persoas. De feito, a esta actividade adícase o 70% das máis de 5.000 empresas radicadas na comarca”
Precisamente a sinatura deste convenio coincidiu coa última xornada da ambiciosa campaña realizada para captar turismo estranxeiro posta en marcha por ATURMAR, que contou coa financiación da institución provincial, e que trouxo a 17 turoperadores alemáns a descubrir a Mariña grazas ó percorrido realizado polos principais atractivos turísticos dos Concellos costeiros. ATURMAR organizou esta visita logo de que os axentes turísticos xermanos amosaran o seu interese en coñecer de primeira man a costa da provincia coa idea de promocionala no seu país de orixe como destino vacacional. Tal e como subliñou a Vicepresidenta “a costa de Lugo é moito máis que praia, hai mil Mariñas por descubrir”.
Camiño do Mar
O convenio asindo este xoves recolle, así mesmo, a cesión de exemplares da segunda edición do libro Camiño do Mar, do historiador focense Xoán Ramón Fernández Pacios, para a que a institución provincial destinou preto de 8.000 euros. Coa difusión deste volume, ATURMAR realizará labores de promoción e difusión a través de medios de comunicación, feiras de turismo, axencias de viaxes, etc. para a dar a coñecer esta ruta e os valores da Mariña no seu conxunto, en especial da riqueza medioambiental e da importancia do Camiño para a provincia de Lugo. De feito, Lugo conta no seu territorio con máis de 800 quilómetros de rutas dos Camiños Francés, Primitivo, Norte, de Inverno e do Mar.
A primeira edición desta obra publicada polo organismo lucense, esgotada dende hai tempo, puxo á venda medio milleiro de exemplares deste primeiro traballo sobre este Camiño. Froito de anos de rigoroso traballo sobre este itinerario, tan pouco estudado coma popularmente coñecido, recolle todo o inventario documental existente co que queda certificado o Camiño do Mar coma un ha auténtica ruta empregada polos peregrinos na súa viaxe a Compostela, ademais dunha ampla selección de máis de 200 fotografías e abundantes mapas que describen todos os tramos deste Camiño.
Esta publicación, ademais de impulsar a aspiración da Deputación en favor da oficialización desta ruta xacobea que discurre polos Concellos da costa, avala a demanda de moitos colectivos mariñanos que levan anos solicitando á Xunta, administración competente, o recoñecemento oficial desta ruta, posto que sería un relevante pulo á economía da zona.
Promoción turística da Mariña
O actual goberno provincial leva traballando dende o 2007 en prol da Mariña, para promocionar o turismo e o ocio medioambiental con iniciativas coma o Km0 Surf Camp, ou a Peregrinación Marítima. Este evento turístico-deportivo nado no 2010, e que xa permitiu a centos de lucenses percorrer a costa en veleiros grazas ós “bautismos de mar”, fixo da Deputación de Lugo na primeira e única administración en reivindicar a declaración oficial do Camiño do Mar como ruta xacobea, malia que a promoción de todas as rutas de peregrinación lucenses data xa do 2009.
Outros dos proxectos levados a cabo na Mariña foi a certificación de calidade ISO-14001 das praias –coa que contan 14 areais mariñanos dun total de 19 galegos-, a de maior rigor a nivel internacional no eido da protección ambiental, concedida segundo parámetros da Unión Europea e que garante un plus de calidade ás praias que o reciben. Esta certificación trae consigo beneficios ambientais, de imaxe de cara ó exterior e económicos para os Concellos.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



