Lugo, 24 de outubro de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, considera que a deputada provincial de Economía, Pilar García Porto, “está desorientada e non debe falar da provincia de Lugo” tras constatar as súas críticas infundadas aos orzamentos da Xunta para 2014.
Os populares emprazan ao bipartito provincial, que ten anunciado a súa intención de presentar unha moción rexeitando estes orzamentos, a que expliquen en contra de que obras e investimentos están: Se é contra do novo auditorio de Lugo (8,13M€), do corredor Sarria-Monforte 7,97M€), do Plan Paradia (2,8M€) da conexión no porto seco de Monforte (3,5M€) ou da residencia de Paradela (600.000€) ou en Foz, encontra da ampliación do Hospital da Costa ou do acceso ao porto de Burela, … e así un longo etcétera.
HEMODINÁMICA
Balseiro asegura ademais que García Porto “fala sen ningún rigor, mesturando datos ou incluso inventándoos”, como cando asegura que Feijóo deixa aos lucenses sen hemodinámica, algo que é rotundamente falso. “De terse molestando en facer unha simple comprobación, sabería que as máquinas de hemodinámica xa están no Hula, onde xa se está instalando a sala que recibirá aos seus primeiros pacientes a finais do mes próximo”
Pero non só erra García Porto cando fala sobre a hemodinámica senón tamén cando asegura que o proxecto de ampliación do Hospital da Costa non ten consignación orzamentaria pese a que dispón de 190.000 euros previstos precisamente para este concepto, un dato confirmado desde o SERGAS.
INCOMPARABLE
O dirixente popular volve a insistir tamén que as contas autonómicas do bipartito en 2009 non resisten a comparación coas actuais, xa que o investimento previsto polo actual Goberno galego na nosa provincia duplica o que recollían os últimos orzamentos da Xunta elaborados por PSOE e BNG. Datos que, como mínimo, deberan avergoñar a García Porto que milita no partido que maior castigo fixo nunca á provincia de Lugo.
Neste senso lembra que os 374 euros por lucense previstos pola Xunta bipartita en 2009 son a metade dos 728 euros por lucense que o actual Goberno galego prevé investir na provincia en 2014. Un esforzo inversor moito maior dos populares pese a que en 2009 o orzamento total da Xunta era 10.581M€ mentres que agora este é de 8.391M€
LECCIÓNS, AS MÍNIMAS
Jose Manuel Balseiro lembroulle finalmente a García Porto que as contas autonómicas para 2014 son as máis sociais da nosa historia, tras destinar 8 de cada 10 euros a sanidade, educación e benestar. Son 10 puntos máis que en 2009, e inclúe un aumento das partidas máis sensibles como a do RISGA, dependencia, emerxencia social ou unha rebaixa fiscal máis xusta do IRPF.
Insisten desde o Partido Popular que precisamente o bipartito provincial non pode dar leccións en materia social nin de emprego, tendo en conta que a Deputación de Lugo é a única de Galicia que se está a negar a colaborar cos concellos no financiamento do servizo básico de axuda no fogar ou a única tamén que vota repetidamente en contra da posta en marcha de novos plans de emprego, que si están impulsando noutras Deputacións galegas.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



