Ribadeo, 7 de novembro de 2013. A delegada territorial, Raquel Arias, destacou hoxe na presentación de A Mariña Federación que con esta iniciativa “a nova entidade converte a comarca nun gran centro comercial”.
A delegada aplaudía así a decisión de crear este foro que aglutina ás entidades máis representativas dos comerciantes na comarca, ao tempo que reivindicaba o papel do pequeno comercio na dinamización das cidades e vilas. “É importante poñer en valor o pequeno comercio e actualizarse, e vós estades a facelo”, subliñou.
Arias referiuse ao impulso ao comercio local imprimido polo actual Goberno da Xunta nos últimos anos, ben coas modificacións no eido lexislativo que deron maior representatividade ao sector como coas axudas directas ou indirectas tanto para infraestruturas comerciais como para actividades de promoción.
Así mesmo, lembrou que os datos do INE do mes de outubro reflicten un repunte nas vendas do comercio minorista, máis acusado en Galicia que no conxunto do Estado. Concretamente o incremento medio estatal é do 2,2% con respecto ao ano pasado e en Galicia a porcentaxe está no 2,5%.
Raquel Arias subliño a aposta da Consellería de Economía e Industria por potenciar o asociacionismo no sector como vehículo para á súa modernización e progreso, sinalando que este ano lévanse investidos 3,5 millóns de euros en axudas destinadas aos centros comerciais abertos, asociacións das prazas de abastos, e federacións e asociacións supramunicipais de comerciantes.
A delegada resaltou que “ impulso ao asociacionismo comercial é un dos eixos principais da estratexia de apoio ao sector comercial que desenvolve o Goberno galego, xunto co apoio aos concellos na renovación das infraestruturas comerciais ou o fomento da utilización das tecnoloxías da información e a comunicación”.
Ao respecto, informou de que nos últimos anos a Xunta investiu na comarca da Mariña preto de 800.000 euros nestas accións para facer máis atractivos, modernos e dinámicos os eixos comerciais das distintas vilas.
A delegada gabou o papel da Federación Galega de Comercio e das mesas locais de comercio que, xunto coa Consellería de Economía e Industria, participan “da estratexia de cambio pola que estamos a revitalizar o comercio tradicional, destacándoo como un valor engadido para un cliente que é cada vez máis esixente”, segundo afirmou.
O mellor camiño, engadiu, é afianzar os pasos que se están a dar para unha mellor formación dos axentes implicados no sector, para a introdución plena das novas tecnoloxías -como ferramenta de venta e para ampliar a carteira de servizos ao cliente- e para o aproveitamento das novas canles de marketing. A delegada lembrou que a Consellería de Economía convoca cursos e liñas de axuda encamiñadas cara a estes obxectivos.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



